Digi activa a súa rede de fibra óptica na Coruña
venres, 4 de novembro do 2022
Nos últimos meses moitas rúas galegas presentaban obras nas
que podÃa verse como estaban a instalar a rede de fibra óptica do operador Digi,
que até o momento ofrecÃa o servizo a través de conexións alugadas a Movistar,
pero que dende hoxe na cidade da Coruña xa ofrece o servizo dende a súa rede
propia, de xeito que os afortunados con cobertura poden gozar da chamada Fibra SMART,
que achega conexións de 1 Gbps por 20 euros/mes, asà como a recente PRO-DIGI,
que achega 10 Gbps por só 30 euros/mes (e tamén inclúe un router Wi-Fi 6).
A estas tarifas pode engadÃrselle teléfono fixo e varias liñas móbiles a prezos
moi competitivos e, supoñen un aforro substancial con respecto ás conexións indirectas
de Digi (a conexión de 1 Gbps custarÃa 30 euros/mes), polo que Digi convértese
no operador de telecomunicacións máis competitivo na cidade da Coruña, aÃnda
que cómpre sinalar que a compañÃa non ofrece servizos de televisión.
Aparte da Coruña, Digi tamén vén de ampliar as súas zonas de Fibra SMART ás
cidades de Alacante e Málaga.