Dende WABetaInfo están a dar conta de que a última versión de proba de WhatsApp para Android está a achegar unha nova funcionalidade a algúns usuarios, que semella que vai chegar espallarse de xeito masivo nos vindeiros días: a posibilidade de realizar chats de voz nos grupos.
Os chats de voz xa estaban presenten en anteriores betas de WhatsApp, pero só dispoñibles para un grupo moi reducido de usuarios, e agora a funcionalidade parece estar bastante madura, polo que estariamos a piques de vez como se converte nunha prestación oficial da aplicación.
Os chats de voz poderían iniciarse nun grupo a través dunha icona con forma de onde sonora, e permitiría iniciar unha sala de chat de voz á que poderían incorporarse ata un total de 32 participantes, polo que sería unha función diferente a realizar unha chamada de voz, xa que non desencadearía un ton de chamada nos móbiles dos integrantes do grupo.
Esta función lembra á febre que houbo hai uns meses polo audio social, con numerosas aplicacións querendo dominar a creación de salas de voz, e que rematou perdendo pulo. Coa integración en ferramentas de mensaxería instantánea é posible que este xeito de comunicarse teña unha mellor acollida, aínda que tampouco parece que vaia ser unha prestación que vaia aproveitarse de xeito masivo.
WhatsApp prepara chats de voz
Compartir Este Artigo
