Co gallo da celebración do Día Europeo das Linguas este mesmo martes os rexistradores dos nomes de dominio da Internet .gal, .cat, .eus e .barcelona lanzan unha promoción conxunta para que calquera interesado poida facerse cun dominio correspondente á súa lingua a un prezo máximo de 5 euros + IVE, estando esta promoción dispoñible ata o 11 de outubro.
Os interesados que queiran facerse cun dominio .gal ao prezo da promoción poden acudir aos rexistradores Dinahosting, OpenProvider, Blacknight, cdmon, Netim, Arsys, OVH, Nominacia, Don Dominio, Gandi, Entorno e INWX.
No caso dos dominios para a sociedade e a cultura galegas, os .gal, podemos salientar que actualmente hai uns 6.900 dominios rexistrados. Deste xeito, as entidades que queiran dirixirse á cidadanía galega teñen un vehículo máis acaído que dominios xenéricos. Os dominios .gal axudan así a mellorar a visibilidade da nosas lingua e cultura na Rede, á vez que serven de indicador do compromiso das distintas iniciativas coa nosa sociedade.
Os dominios .gal poderanse adquirir por 5 euros ata o 11 de outubro
Compartir Este Artigo
