Os procesadores Intel Core de 14ª xeración para equipos de escritorio xa son unha realidade, encabezados polo procesador Intel Core i9-14900K, que destaca por soportar velocidades de reloxo de ata 6 GHz, polo que resulta ideal para os afeccionados aos videoxogos que queren conseguir o máximo rendemento, mentres que os procesadores Intel Core i7-14700K ofrecen un 25% máis núcleos, resultando ideais para creadores que poderán tirar proveito destes procesadores para as grandes cargas de traballo multi-fío.
De lanzamento temos 6 novos procesadores de escritorio, con ata 24 e 32 núcleos, e inician a súa comercialización hoxe mesmo.
Esta 14ª xeración de procesadores de Intel achegan ata un 23% de incremento no desempeño en videoxogos, contan con grandes posibilidades para realizar overclocking, son compatibles con chipsets Intel 600/700 (facilitando así a actualización dende equipos actuais) e tamén inclúen unha conectividade moi avanzada, como conectividade Wi-Fi 6/6E e Bluetooth 5.3 integradas ou a posibilidade de incorporarlle Wi-Fi 7 e Bluetooth 5.4. Estes procesadores tamén soportan conexións Thunderbolt 4 e Thunderbolt 5, soportando así conexións de cable de ata 80 Gbps.
Chega a 14ª xeración de procesadores Intel Core para ordenadores de sobremesa
Compartir Este Artigo
