Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galvintec avoga por impulsar a transformación dos comercios de proximidade para garantir a súa supervivencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galvintec avoga por impulsar a transformación dos comercios de proximidade para garantir a súa supervivencia

S. P.
Publicado: 30/11/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

hubnet_galvintec_victor_varela__izq_y_moises_mateo.jpgO comercio de proximidade ten que transformarse tecnoloxicamente se quere ser viable e competitivo. Esta foi unha das mensaxes achegadas este mércores 29 de novembro por Moisés Mateo, director executivo da empresa galega Galvintec, firma tecnolóxica de Grupo Alvariño. A sesión, desenvolvida na sede pontevedresa de Afundación, encadrouse nas xornadas hubNet da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía (ciclo Constrúe o teu futuro na era dixital). O relatorio desenvolveuse baixo o epígrafe O comercio de proximidade, cara a unha transformación dixital. “Calculamos que en 2023 o 10% dos que non están dixitalizados fracasarán e extinguiranse”, indicou.
Por tanto, dixo, “a transformación dixital non é unha opción, senón unha necesidade imperante para os comercios que desexan seguir sendo relevantes nun mercado que cambiou radicalmente, polo que é importante adoptar novas tecnoloxías, integrar sistemas de xestión en tempo real e comprender os cambios sociolóxicos nos hábitos de consumo”. Con exemplos de éxito concretos, mostrou aos presentes como industrias enteiras tiveron que “reinventarse ante a revolución dixital”, expoñendo ademais os perigos aos que se enfrontan os comercios de proximidade que, sen unha estratexia dixital clara, poden estar condenados a desaparecer.
galvintec_transformacion_hubnet.jpg Desde Galvintec, a mensaxe é clara: unha chamada á acción para comerciantes e empresarios para engancharse á transformación dixital como aliada na mellora da experiencia do cliente e a supervivencia do comercio local.
Co ciclo de xornadas Constrúe o teu futuro na era dixital a Cámara de Comercio Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa envórcase coa transformación dixital das pemes e o emprendemento a través da iniciativa dixital hubnet. O programa inclúe un total de 9 eventos, entre conferencias, seminarios e xornadas técnicas, que se celebran estes días en Vilagarcía de Arousa e Pontevedra e que están dirixidos a sectores estratéxicos en Galicia: forestal, transporte e loxística, turismo e comercio polo miúdo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?