Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro atlanTTic inaugura un ciclo de xornadas sobre tecnoloxía e igualdade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro atlanTTic inaugura un ciclo de xornadas sobre tecnoloxía e igualdade

S. P.
Publicado: 12/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conectando_en_igualdade_atlanttic.jpgO Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación (atlanTTic) organiza hoxe, con financiamento do Distintivo de Igualdade da Unidade de Igualdade da UVigo, a xornada Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico coa que dará comezo un ciclo de conferencias e coloquios sobre esta temática. O obxectivo é “concienciar a sociedade sobre as vantaxes das tecnoloxías inclusivas, xa que o futuro só se pode construír en igualdade se a tecnoloxía tamén se crea e usa dese xeito”, sinala o centro da UVigo.
Esta primeira xornada, que terá lugar na Sala 1 do Edificio Miralles da Universidade de Vigo e poderá seguirse en directo a través de UVigo-TV, comezará ás 11:00 h coa presentación oficial do evento a cargo de Martín Llamas Nistal, director de atlanTTic, e representantes da Universidade de Vigo, da Unidade de Igualdade e da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
Ás 11:20 comezará a mesa redonda que contará coa participación de Cristina Cuerno Rejado, catedrática da UPM e directora da Escuela Técnica Superior de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio (ETSIAE) da UPM; Elena Beatriz Martín Ortega, coordinadora do Máster universitario en Enxeñaría Aeroespacial da UVigo; Yanina Hallak, directora executiva e co-fundadora de UARX Space; Laura Rodríguez Rodríguez, enxeñeira de telecomunicación de UVigo e Airbus Defence and Space, e Uxía García Luis, investigadora do grupo GTA de atlanTTic e primeira doutora en Enxeñaría Aeroespacial pola UVigo. A mesa redonda estará moderada pola investigadora e docente Edita de Lorenzo Rodríguez, enlace de igualdade de atlanTTic na UVigo.
Para rematar a xornada están programadas varias dinámicas de grupo e unha quenda para o debate e a reflexión sobre os asuntos tratados nas conferencias e outros que se propoñan relacionados coa temática da xornada.
Actividades impulsadas polo Distintivo de Igualdade da UVigo
O centro atlanTTic sumouse este ano á lista de centros da UVigo que contan co Distintivo de Igualdade polo que se recibe financiamento para celebrar este tipo de xornadas no marco das axudas que concede a Unidade de Igualdade da UVigo para a organización de actividades de promoción activa e permanente da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
O centro acadou esta distinción na terceira edición desta convocatoria, que ten como obxectivo recoñecer, impulsar e incentivar a promoción da igualdade entre homes e mulleres nos centros, facultades e escolas universitarias, a través dun proceso de avaliación das actividades, iniciativas e prácticas que realizan neste eido.
As vindeiras xornadas que está previsto realizar centraranse noutros ámbitos da enxeñaría e das tecnoloxías de telecomunicación, e convidarase a profesionais de ámbitos tecnolóxicos para falar arredor dunha temática relacionada, así como para presentar as súas experiencias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?