Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago presentará o proxecto Smartiauga ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago presentará o proxecto Smartiauga ás axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

S. P.
Publicado: 12/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

rio_tambre_santiago.jpgA xunta de Goberno de Santiago deu luz verde á participación do Concello na segunda convocatoria de subvencións lanzada polo PERTE de dixitalización do ciclo da agua dentro do Plan de Resiliencia. A dita participación virá dada a través do proxecto Smartiauga (Xestión intelixente do ciclo urbano da auga de Santiago de Compostela), que conta cun orzamento de preto de 4 millón de euros e que permitirá a modernización tecnolóxica e a mellora da eficiencia na xestión da auga no municipio.
Con este proxecto o Concello quere implementar unha serie de melloras tecnolóxicas e infraestruturais, en liña coa súa estratexia global de transformación dixital cara a consecución dunha cidade intelixente. Este proxecto conta cun orzamento de 3.953.386,56 euros en tres anualidades: 1.467.241 euros para o ano 2024, 2.144.066 eruos para o ano 2025 e 342.079 euros para o ano 2026.
Para o seu co-financiamento, o Concello presentará este proxecto á convocatoria lanzada dentro do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) de Dixitalización do Ciclo da auga, enmarcado no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cuxo obxectivo é mellorar a eficiencia do ciclo urbano da auga.
Smartiauga, que conta un prazo de execución previsto de 28 meses a partir do 1 de marzo de 2024, permitirá unha mellora integral na xestión do ciclo da auga no termo municipal de Santiago, abastecido na actualidade por dúas captacións, unha situada na propia estación de tratamento de auga potable do río Tambre situada no lugar de Marzo de Abaixo, parroquia de Santa María de Grixoa, e outra nos mananciais de Brins e Chopo.
A través das diferentes actuacións que se desenvolverán no marco desde proxecto, o Concello pretende sentar as bases tecnolóxicas, metodolóxicas e infraestruturais para a centralización, integración, procesamento e explotación da información hídrica destes sistemas co fin de dotar ao organismo de conca competente de ferramentas máis áxiles e eficientes para a xestión deste recurso. Ademais, a implementación destas solucións permitirá incrementar a transparencia na xestión da auga ante usuarios e administracións competentes, así como contribuír á correcta administración do dominio público hidráulico e á protección das augas.
O Concello recoñece que “na actualidade, Santiago conta cun baixo grao de dixitalización das súas infraestruturas do ciclo da auga, as cales carecen das innovacións tecnolóxicas máis recentes e, practicamente non existe unha monitoraxe directa das captacións do dominio público hidráulico do termo municipal, dado que a súa análise e contabilización non se realiza ata que non entran a algunha das infraestruturas do ciclo integral, xa sexa a propia estación de tratamento de auga potable do Tambre, ou o depósito da Almáciga”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?