A empresa galega Teimas, centrada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas para a xestión profesional de residuos e a economía circular, dixitalizou a xestión dos residuos de Grupo Porcelanosa. O obxectivo deste traballo foi “mellorar a eficiencia da compañí e loitar contra o cambio climático”. Grazas á implantación do software da firma compostelá nas catro plantas e tres centros loxísticos de Porcelanosa, a empresa puido xestionar 556 traslados de residuos para o seu correcto tratamento, acompañados da súa respectiva documentación ambiental; a creación de 42 contactos (correspondentes a centros xestores, transportistas, operadores, etc.), pertencentes a 33 empresas distintas; e a identificación de 67 tipos de residuos distintos, principalmente non perigosos.

Vicente Ripollés, técnico de Medio Ambiente e Enerxía de Porcelanosa, explica que “os requisitos legais vinculados aos residuos son cada vez máis e de maiores esixencias, polo que era necesario dar un considerable chimpo de calidade e optimizar ao máximo os nosos recursos e capacidades de mellora continua”. Para garantir a seguridade dos datos de Porcelanosa, o software Zero permite á compañía distintos tipos de acceso (centros, empresa, operativa, etc.) para cada tipo de usuario e tipo de rol (administradores, técnicos internos e externos).
Ademais, a plataforma cloud inclúe a integración con báscula (que traslada a lectura de pesadas de residuos procedente das básculas situadas dentro da planta), xera etiquetas con pictogramas e crea informes personalizables sobre a actividade dos centros produtivos.
A aposta da multinacional pola dixitalización dos seus residuos enmárcase dentro da súa política produtiva de residuos cero que tamén inclúe a reutilización de materiais industriais, empregados para producir novas coleccións e fomentar a economía circular.
A colaboración con Teimas permitiu a Porcelanosa obter datos fiables da xestión dos seus residuos e utilizar esta información a nivel operativo e estratéxico. Máis concretamente, Zero facilitou a Porcelanosa a xestión de 556 traslados de residuos para o seu correcto tratamento, acompañados da súa respectiva documentación ambiental; a creación de 42 contactos (correspondentes a centros xestores, transportistas, operadores, etc.), pertencentes a 33 empresas distintas; e a identificación de 67 tipos de residuos distintos, principalmente non perigosos. Ademais, optimizouse a supervisión e delegación de tarefas en empresas xestoras de residuos e outros actores externos. Desta forma reduciuse a carga de traballo e o tempo de interlocución, axilizouse o proceso de auditoría de residuos e mellorouse a medición e a consecución dos obxectivos de sustentabilidade.
Vicente Ripollés, afirma que “coa axuda de Zero e do equipo de Teimas conseguimos o noso obxectivo de axilizar toda a documentación que engloba unha xestión de residuos dunha gran empresa como a nosa, así como xerar importantes cadros de mando vencellados ás diferentes operacións finais dos residuos”.

Actualmente, as solucións tecnolóxicas de Teimas son empregadas por máis de 30 multinacionais do sector manufactureiro, alimentación e bebida, enerxía, oil ou telecomunicacións.
Teimas dixitaliza a xestión dos residuos de Porcelanosa
Compartir Este Artigo

