Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede internacional Impact Hub aterra na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede internacional Impact Hub aterra na Coruña

S. P.
Publicado: 13/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mesa_redonda._impact_hub.jpgImpact Hub presentou na tarde deste mércores 13 de decembro o seu proxecto na súa sede, un lugar na rampla do Matadoiro (A Coruña) intervido para a co-creación e o fornecemento de proxectos innovadores, sustentables, socialmente responsables e de impacto positivo.
O evento reuniu a diferentes grupos de interese entre os que se inclúen administracións públicas, fundacións, cooperativas, asociacións, startups, emprendedores sociais, corporacións e sociedade en xeral co fin de xerar unha comunidade que sirva como “caldo de cultivo dos proxectos cun fin social e ambiental que pretenden transformar ás empresas cara a unha nova economía”, explicaron os responsables do novo centro.
O evento incluíu unha mesa redonda sobre os retos de impacto positivo que tanto Galicia como A Coruña afrontan. A mesa, liderada pola nena de 12 anos Carmen González, contou coa participación de Margarita Ardao Rodríguez, directora xeral de Emprendemento da Xunta de Galicia, Yoya Neira Fernández, concelleira de Benestar Social, Manuel Rego, director executivo de Down Coruña e socio director de WiT Talento, e Óscar Vales, Fundador de VAZVA, Wasted Shoes.
Con esta iniciativa local, A Coruña confírmase como a sexta cidade do ámbito estatal que logra instaurar un proxecto Impact Hub no seu seo. A rede está composta por 110 hubs con presenza en 65 países.
Segundo explicou o equipo fundador do proxecto coruñés, Impact Hub chega á cidade herculina coa “misión de axudar a persoas emprendedoras, institucións e empresas a acelerar o cambio económico, social e ambiental cara unha economía de impacto e rexenerativa”. O equipo tamén salienta o potencial da nosa terra para este tipo de iniciativas: “Galicia conta cun forte potencial de impacto positivo polas súas grandes empresas tractoras, o seu sólido ecosistema de emprendemento, os seus recursos naturais e a súa su consolidación como polo tecnolóxico a nivel estatal”.
O proxecto está impulsado por cinco persoas vinculadas ao impacto desde diferentes ámbitos: Carmen Touza (directora da Fundación ENKI, especializada en impacto social e inclusión), María JesúsTrasancos (vicepresidenta de Fundación ENKI), Javier López (empresario coruñés, investidor e impulsor de diversas fundacións vencelladas ao emprendemento e inserción social), Carlos Álvarez (emprendedor especializado en publicidade, comunicación e aceleración de transformación de marcas), e Judit Cabana (emprendedora especializada en estratexia de negocio e mercadotecnia).
Impact Hub A Coruña contará nos próximos meses tamén cunha sede física destinada a integrar proxectos de impacto e conectalos coa cidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?