Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A sede viguesa da Deputación acollerá unha xornada coas principais produtoras e creadoras de contidos do Estado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A sede viguesa da Deputación acollerá unha xornada coas principais produtoras e creadoras de contidos do Estado

S. P.
Publicado: 13/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_conecta_lab.jpgVigo converterase o vindeiro 20 de xaneiro no epicentro do novo audiovisual: das novas propostas, dos novos formatos, das novas canles e das novas linguaxes. Así o fixo saber esta mañá a vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, na presentación da xornada Conecta+, un evento no que as principais produtoras, plataformas e creadoras de contido do Estado debaterán e intercambiarán experiencias con creadoras e creadores audiovisuais galegos.
Conecta+ enmárcase na iniciativa Conecta Lab, programa impulsado pola Deputación xunto con CREA, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e a única entidade española especializada na xestión de dereitos de autor de medios audiovisuais (DAMA), para” acompañar, impulsar e promover seis proxectos audiovisuais emerxentes de proxección”. Cinco destes proxectos daranse a coñecer a comezos de xaneiro entre as máis de 200 persoas que se presentaron á convocatoria do programa, aberta a finais de outubro e pechada o 30 de novembro; o sexto será elixido polas produtoras e creadoras de contidos entre as e os participantes inscritos na xornada Conecta+ que acollerá a sede da institución provincial en Vigo o 20 de xaneiro.
Fernández-Tapias remarcou a “boa acollida da convocatoria do programa Conecta Lab, con máis de 200 proxectos presentados, un 40 % deles liderados por mulleres e un 30 % en lingua galega, que son a proba real de que nesta provincia hai un gran talento creativo ao que debemos e queremos apoiar”.
A vicepresidenta adiantou que, entre o 19 e o 29 de abril de 2024, a Illa de San Simón acollerá as seis creadoras e creadores seleccionados para participar no programa, que traballarán e convivirán nunha residencia e laboratorio creativo a carón de recoñecidos profesionais do audiovisual. “Serán dez días de moito traballo, con clases, xornadas profesionais e encontros transfronteirizos que servirán, ademais, para tender pontes co sector audiovisual do Norte de Portugal”.
Na edición de Conecta Lab, que se organizou este ano, participaron profesionais como Óliver Laxe, Álvaro Gago, Iziar Bollaín, Celia Rico, Carlos Marqués-Marcet, Mikel Rueda, Laura Sarmiento e Fernando Franco.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?