Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación e NTT Data lanzan a 3ª edición do Mestrado de FP Dual en IA e Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación e NTT Data lanzan a 3ª edición do Mestrado de FP Dual en IA e Big Data

S. P.
Publicado: 19/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20231219sinaturamasterfpdualvisitanttdata1.jpgA Consellería de Cultura e Educación e a empresa NTT Data porán en marcha en 2024 a terceira edición do Mestrado (Master) de FP Dual en Intelixencia Artificial e Big Data. O conselleiro Román Rodríguez, e o director executivo (CEO) da compañía en España, Víctor López-Barrantes, asinaron este martes 19 de decembro o convenio para a reedición desta formación no Instituto IES Fernando Wirtz Suárez da Coruña.
Rodríguez fixo saber que “este tipo de acordos son a base para que as ensinanzas de FP Dual colleiten unha empregabilidade de case o 100%”.
20231219sinaturamasterfpdualvisitanttdata2.jpgE engadiu: “Apostamos por combinar a formación da maior calidade nos centros coa cualificación que ofrece a experiencia de estar nunha empresa, asimilando en tempo real as novidades que se producen no sector”, salientou. “Isto é especialmente relevante nun ámbito como o da intelixencia artificial, que se actualiza día a día”, destacou.
O Mestrado oferta 20 prazas e conta con 600 horas lectivas de formación curricular, 400 delas (o 67%) desenvolveranse no Instituto IES Fernando Wirtz Suárez e as 200 restantes (o 33%) na empresa.
20231219sinaturamasterfpdualvisitanttdata4.jpgDurante a súa realización, os alumnos fórmanse en competencias como a programación e a aplicación de sistemas intelixentes que optimizan a xestión da información e a explotación de datos masivos, sempre respectando o acceso seguro así como os principios éticos e legais establecidos.
Trala sinatura do acordo Rodríguez conversou coas alumnas e alumnos que están a cursar agora esta formación e con parte dos da primeira promoción, dos que o 60% están a traballar na empresa NTT Data.
20231219sinaturamasterfpdualvisitanttdata3.jpgTamén engadiu que o dito Mestrado ofértase este curso en catro centros. Deles, o Fernando Wirtz é o único que o oferta tanto na modalidade ordinaria como en FP Dual. O Centro Integrado de FP A Carballeira-Marcos Valcárcel (Ourense) ten tamén en marcha un proxecto dual neste mestrado.
A maiores, o Instituto IES de Teis (Vigo) impárteo en dous grupos, un ordinario presencial e outro a distancia, e o IES San Clemente de Santiago de Compostela un grupo a distancia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?