Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A publicación Lugo en Cifras urxe a impulsar a dixitalización das empresas de menor tamaño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A publicación Lugo en Cifras urxe a impulsar a dixitalización das empresas de menor tamaño

S. P.
Publicado: 28/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

281223_presentacion_lugo_en_cifras.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, presentaron este xoves 28 de decembro a nova publicación Lugo en Cifras 2023, un estudo elaborado por cuarto ano consecutivo pola organización empresarial grazas á colaboración da institución provincial, e que recompila os datos demográficos, sociolaborais e económicos máis significativos da provincia e dos 67 municipios que a conforman.
A publicación ten un marcado cariz tecnolóxico, non só por contar con web de seu (lugoencifras.org), senón porque boa parte dos datos que achega son datos de transformación dixital. Así, pon o foco na necesidade urxente de acelerar a dixitalización das empresas máis pequenas.
Destacou José Tomé que a institución provincial axudou a recuperar no ano 2020 esta publicación, que xa vai camiño de consolidarse. Valorou Lugo en Cifras como “unha fotografía fiel e rigorosa, que retrata con exactitude o que somos, amosando aquelo do que debemos sentirnos orgullosos e no que debemos mellorar”
“A publicación constata o potencial da economía da nosa provincia, como reflicten os últimos datos referidos a turismo, a actividade económica ou a empresas en activo”, sinalou, engadindo que “en xaneiro do 2022 a provincia xa tiña creadas un cento de empresas máis que no mesmo mes do 2021, ata superar as 24.100 activas nos 67 concellos”. Tamén remarcou que “os últimos datos dispoñibles apuntan ao incremento do Produto Interior Bruto na provincia nun 11%, chegando así ata os 6.862M€, o que representa o 12% do PIB total de Galicia”.
Tomé tamén salientou que o informe recolle algúns datos que coinciden coas liñas de traballo que impulsan a Deputación e a CEL, por exemplo a necesidade de seguir apoiando a modernización das pequenas e medianas empresas, “porque o 80% das que teñen máis de 10 empregados contan con páxina web, pero esa porcentaxe cae a só o 30% no caso das máis pequenas”. Nese sentido, o presidente apuntou que “facilitar ás PEMES formación e axudas para a dixitalización, para estar presentes no mercado global ou para incorporar medios de mercadotecnia dixital e accións semellantes, segue a ser un obxectivo fundamental para asentar a boa marcha do noso tecido produtivo”.
Necesidade de dixitalización nas microempresas máis pequenas
Na presentación o presidente da CEL destacou que “pasada a pandemia, no ano 2021 comezou unha recuperación de empresas con sede social na provincia, que pasan de 24.000 nese ano a 24.109 en xaneiro do 2022”. Un gran número delas son microempresas sen asalariados ou pemes con entre 1 e 9 empregados. Preto do 80,3% delas ten conexión a Internet, unha cifra que aumenta a un 98% para as empresas de máis de 10 empregados. Entre as empresas máis pequenas, só o 31% ten páxina web, fronte ao 79% das que teñen máis de 10.
Lugo en Cifras 2023 subliña ademais que no ano 2022 a provincia exportou en torno aos 755M€ e importou máis de 782M€, o que deixaba unha balanza comercial negativa co exterior por valor de preto de 27M€. “O ano 2022 recuperou a alza do número de exportacións”, aseguran desde a CEL, “pero aínda supón una balanza negativa”. Apuntan tamén que a gran maioría deste intercambio comercial cos mercados internacionais prodúcese coa Unión Europea.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?