Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lideramos.gal impulsará o talento feminino galego e a formación en xestión de equipos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lideramos.gal impulsará o talento feminino galego e a formación en xestión de equipos

S. P.
Publicado: 28/12/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lideramos_xunta.jpgA Xunta puxo en marcha este mércores 27 de decembro o programa formativo Lideramos, dirixido a impulsar o talento e liderado feminino e a formación específica en xestión de equipos. Segundo se fixo saber, máis dun cento de mulleres participarán nas distintas actividades previstas deica o vindeiro 11 de abril. O programa terá unha forte presenza web e vén acompañado dunha páxina, lideramos.gal, que recolle todo o contido do proxecto, así como a ficha de inscrición de cada colectivo e provincia.
Participaron na posta en marcha oficial do programa o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, xunto coa secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao.
Na súa intervención, o secretario xeral destacou que a formación estará composta por obradoiros e clases maxistrais en liña para os distintos equipos de traballo e sesións de networking e formación presencial nas catro provincias, co fin de abordar diferentes temáticas e obxectivos de modo transversal. O programa Lideramos, dixo, “céntrase así no fortalecemento de novos perfís profesionais, no desenvolvemento do talento e na formación en competencias brandas -especialmente na área de xestión de equipos-, reforzando o compromiso da Xunta coa igualdade de xénero”.
Os obxectivos do proxecto son os de reforzar o liderado feminino e a competencia da xestión executiva en Galicia, co gallo de avanzar no benestar nas empresas. Tamén “impulsar a interrelación entre todas as participantes no programa, ofrecendo formación práctica en xestión e liderado e mellorando as capacidades de liderado e comunicación, destacando as fortalezas e talentos individuais”. Así mesmo, promoverase o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal mediante sesións de adestramento individualizadas para saber das principais forzas motivadoras dos diferentes equipos, así como para alentalos a seguir progresando.
A web do programa (www.lideramos.gal) recolle todo o contido do proxecto, así como a ficha de inscrición de cada colectivo e provincia. Esta web recollerá todas as novidades, eventos e contidos de interese que se xeren durante o transcurso da iniciativa nos diferentes grupos e accións. As persoas interesadas en enviar calquera consulta poderán remitila ao correo electrónico leadership@lideramos.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?