Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O uso dos móbiles nos centros educativos no tempo de lecer estará regulado por un protocolo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O uso dos móbiles nos centros educativos no tempo de lecer estará regulado por un protocolo

S. P.
Publicado: 29/12/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conselleria_educacion_cultura_20231229_foto_reunion_mobiles.jpgO uso dos teléfonos móbiles nos centros educativos no tempo de lecer xa ten o seu protocolo de regulamento. Os detalles deste marco de actuación foron dados a coñecer pola Xunta Autonómica de Directores (onde están representadas as direccións dos centros públicos) aos representantes das direccións dos centros concertados, así como aos representantes das principais asociacións de nais e pais, en varias reunións co equipo da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. Nel recóllese estender a restrición do uso de móbiles e dispositivos electrónicos á totalidade da xornada escolar.
Deste xeito, non se permitirá o emprego libre destes dispositivos nos períodos non lectivos, que son as entradas e saídas do centro, o tempo de recreo, o comedor escolar e os períodos dedicados a actividades complementarias e extraescolares.
Esta limitación estará vixente á volta das vacacións de Nadal nos centros sostidos con fondos públicos. No caso dos centros que imparten ensinanzas de FP de Grao Superior, de Réxime Especial (como escolas oficiais de idiomas ou conservatorios, entre outros) e de Adultos poderán non aplicar esta medida nesas etapas se así o consideran. Así, en base á súa autonomía organizativa, poderán adaptar o protocolo no relativo ás limitacións establecidas nos períodos non lectivos.
Porén, a Xunta informou que seguirá permitíndose o emprego “proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de necesidade, medicas ou doutra índole, sempre por motivos xustificados, atendendo ás circunstancias e autorizado pola dirección do centro”. Así mesmo, “mantense a posibilidade do uso pedagóxico destas ferramentas, sempre baixo supervisión do profesorado”.
Vixente xa no 76% dos centros
O Goberno galego explicou tamén que “logo dunha análise sosegada co conxunto da comunidade educativa, e analizada a experiencia positiva na maioría dos centros (o 76% deles) que, dentro das súas normas de convivencia, xa teñen restrinxido o uso de teléfonos móbiles nos recreos, consideramos positivo estender estas boas prácticas ao conxunto do sistema, atendendo ao consenso e á demanda social manifestada”. Así pois, engadiu a Consellería de Educación, “búscase avanzar na responsabilidade compartida dun uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, así como no fomento da cidadanía dixital responsable na nenez e na adolescencia, e compaxinar isto coas potencialidades de aprendizaxe que ofrecen estas ferramentas.
O mencionado protocolo terá un carácter básico e deberá ser contextualizado ou adaptado ao centro educativo e á súa contorna para, finalmente, ser incluído nas normas de convivencia. Ademais, os servizos de Inspección Educativa serán os encargados de prestar o asesoramento necesario aos centros e a supervisión na adaptación ao novo texto. En paralelo, iniciaranse os trámites oportunos para a actualización do Decreto 8/2015, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, de convivencia e participación da comunidade escolar en materia de convivencia.
Así mesmo, establecerase un plan de formación para acompañar ás familias no uso responsable dos móbiles, para o que contarán co apoio da Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?