O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes 2 de xaneiro o Concello de Dodro, onde mantivo un encontro o alcalde Xabier Castro, co obxectivo de analizar os proxectos impulsados polo Executivo local con fondos e recursos estatais. Tamén tivo ocasión de avaliar rexedor as posibles vías de colaboración do Goberno de España para continuar coa mellora dos servizos públicos.
No transcurso da reunión, o delegado supervisou a mellora da iluminación pública municipal (máis sustentable e eficiente) ou a intervención de Costas para restablecer os ecosistemas e os espazos degradados nas brañas a carón do Ulla, unha intervención que permitiu retirar as árbores inestables ou enfermas e eliminar as especies alóctonas e invasoras ao longo dunha franxa costeira de máis de 6 quilómetros neste espazo de especial valor ecolóxico.
Estas iniciativas súmanse ao proxecto para completar a extensión da banda larga no concello no marco do Programa Único do Goberno central, que vai permitir levar a conexión de Internet de altas prestacións a 88 familias e empresas que ata agora carecían deste servizo.
O Goberno levará a banda larga a 88 fogares e negocios de Dodro que carecían deste servizo
Compartir Este Artigo

