Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Movistar Plus acompaña a estrea de A guerra do haxix dunha presentación en Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Movistar Plus acompaña a estrea de A guerra do haxix dunha presentación en Pontevedra

S. P.
Publicado: 03/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

la_guerra_del_hachis_movistar.jpgComezou a conta atrás para a estrea da serie A guerra do haxix (La guerra del hachís) na plataforma Movistar Plus (con acceso dispoñible para usuarios doutras operadoras). Para achegarnos todo tipo de detalles sobre esta nova produción centrada na nosa terra, a plataforma prepara unha xornada de presentación para o vindeiro martes 16 de xaneiro en Pontevedra.
A serie cóntanos a transformación de España, por terra, mar e aire, no principal porto de entrada do haxix en toda Europa. O creador e director da serie é Víctor Méndez, responsable de Narcogallegos. A serie é un documental que narra “co máximo detalle” un negocio dominado polo crime organizado e que move millóns de euros manchados de sangue. Os panos de fondo son o Campo de Xibraltar, o Delta do Ebro, a Costa do Sol, Galicia, Marrocos e Portugal. A produción introdúcese en operacións en tempo real en Galicia, en Cataluña e en Andalucía e senta “por primeira vez ante as cámaras” a un representante do cártel dos Balcáns, considerada a maior organización de tráfico de drogas do mundo na actualidade. Ademais, as cámaras acompañan a máis de 200 policías nunha operación antidroga que se salda con 30 detidos e descóbrenos como evolucionou a produción e o tráfico do haxix, o transporte no que se traslada a mercadoría e quen controlan actualmente este perigoso negocio.
A presentación inclúe a proxección do primeiro episodio, un coloquio, un photocall e un cóctel, entre outras actividades. A cita será no Teatro Principal de Pontevedra. Contarase coa presenza do director, de Leticia Pérez Rico (Movistar Plus ) e dalgúns protagonistas do documental, os máximos responsable na loita contra o narcotráfico das forzas de seguridade a nivel nacional.
A estrea da serie en Movistar Plus está prevista para a mesma xornada do 16 de xaneiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?