Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Kit Dixital concedeu máis de 22.000 axudas ás pemes galegas para dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Kit Dixital concedeu máis de 22.000 axudas ás pemes galegas para dixitalización

S. P.
Publicado: 03/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

kit_dixital_balance.jpgO delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, rematou o ano balance das axudas do Goberno para impulsar a modernización das pequenas e medianas empresas. Segundo fixo saber, Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia artificial, concedeu máis de 22.000 axudas do programa Kit Dixital a autónomos e pemes galegas.
Esta iniciativa levada a cabo polo Goberno de España supón un investimento de máis de 94 millóns de euros dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para as pemes en Galicia, engadiu.
Pedro Blanco confirmou que as catro convocatorias abertas ata o momento deste programa dispoñen de fondos polo que os autónomos, pemes e entidades susceptibles de alcanzar estes bonos poden seguir solicitándoos. Ademais, Red.es sumará en datas vindeiras unha quinta convocatoria dirixida as medianas empresas.
Nos dous anos desde a súa creación, o Kit Dixital converteuse no programa de axudas á dixitalización máis demandado da historia de España chegando ao 80% dos municipios españois.
Desde a súa presentación, Red.es lanzou catro convocatorias do programa Kit Dixital que seguen activas en paralelo, permitindo que todas aquelas empresas e persoas autónomas con menos de 50 empregados e que cumpran cos requisitos poidan solicitar a axuda.
Para a súa concesión a empresa non ten que achegar ningunha documentación, só ten que autorizar a Red.es a consultar os requisitos e obrigacións requiridas. Se a solicitude é correcta, a axuda concédese en 15 días.
O prazo para solicitar a axuda en todas as convocatorias estará aberto ata o 31 de decembro de 2024.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?