Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 100% dos procedementos da Xunta dirixidos á cidadanía, empresas, entidades, e concellos pódense presentar en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 100% dos procedementos da Xunta dirixidos á cidadanía, empresas, entidades, e concellos pódense presentar en liña

S. P.
Publicado: 04/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_traballando-11.jpgA totalidade dos procedementos da Administración autonómica destinados a cidadáns, empresas, entidades sen ánimo de lucro e entidades locais xa se poden presentar de maneira electrónica desde 2022. Ademais, o 99,5% de axudas e subvencións tamén poden solicitarse por vía electrónica. Son datos que figuran no estudo A Administración Dixital da Xunta de Galicia, publicado a finais de 2023 e elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
No informe tamén se destaca que o 86% dos trámites dispón de funcionalidades de axuda ao usuario e o 95% poden realizarse desde un teléfono móbil. Ademais, saliéntase que o incremento de trámites online dispoñibles reflíctese na porcentaxe de presentacións electrónicas rexistradas no sistema de rexistro da Xunta, que en 2022 superaron o 86%.
O documento sinala tamén que no devandito ano realizáronse máis de 1,3 millóns de presentacións a través da sede electrónica da Xunta, o que supuxo un incremento de 1,5% respecto a 2021. Ademais, durante 2022 houbo 4.299.963 accesos ao cartafol cidadán, o espazo persoal no que os usuarios teñen acceso aos seus datos, á situación dos seus trámites coa Administración e a xestión destes desde un espazo único.
A investigación tamén salienta o incremento dos usuarios do sistema Chave365, que permite o acceso á sede a través de claves concertadas, e que pechou 2022 con 1.4478.302 usuarios activos fronte aos 1.206.271 usuarios activos de finais de 2021.
Por outra banda, a plataforma PasaXe! recibiu en 2022 máis de 16 millóns de consultas.
Durante 2022 o 96% das licitacións presentáronse en liña en Galicia e o uso da sinatura electrónica a través da plataforma corporativa Portasinaturas incrementouse nun 21%, rozando os 10 millóns de documentos asinados.
Respecto á presenza na Internet, o catálogo de redes sociais da Administración galega sumaba un total de 444 iniciativas de redes sociais en 2022, con 2.452.737 seguidores, un 19,2% máis que en 2021. O portal web institucional da Xunta de Galicia recibiu en 2022 máis de 13 millóns de visitas.
O estudo sinala tamén que o gasto en TIC da Xunta está no 3,3% do orzamento total, e que o 0,5% do persoal propio dedícase ás TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?