Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Víctor Salgado recomenda extremar a preocupación ante a captación de datos de Threads
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Víctor Salgado recomenda extremar a preocupación ante a captación de datos de Threads

S. P.
Publicado: 05/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

victor_salgado_2.jpgO experto en dereito dixital Víctor Salgado Seguín, do bufete coruñés Pintos & Salgado, vén de analizar a situación da nova rede social estreada en decembro, Threads. Ao seu xuízo, “non podemos esquecer que Meta está detrás e iso obríganos a extremar a precaución ante posibles abusos”. Salgado lembra escándalos como o de Cambridge Analytica ou a recente multa histórica a Facebook por parte da UE para “manternos cautos”.
Na súa análise Salgado pon o foco nas dúbidas que xeran dúas preguntas: como xestionan os nosos datos as grandes compañías tecnolóxicas e como se garanten contornas dixitais seguros para os usuarios? Atopar unha resposta para ambas as cuestións é unha das principais obsesións da Unión Europea, e a chegada de Threads este decembro pasado reforza aínda máis o seu interese por garantir a protección dos dereitos do cidadán medio. Aproveitando o lanzamento da nova plataforma en Europa, o bufete de avogados coruñés Pintos & Salgado vén de analizar o seu impacto e, sobre todo, o que poden esperar os usuarios en canto a protección e manexo dos seus datos.
Faino Víctor Salgado, especialista en dereito dixital e divulgador en ciberseguridade: “Debemos entender Threads como unha acción para que Meta teña a súa Twitter particular; quere recuperar o seu espírito, pero tamén substituílo, diversificando as súas ferramentas para a extracción de datos”. Para Salgado, é difícil pensar en Threads sen lembrar os escándalos de Meta relacionados coa recompilación ilegal de información. “É o mesmo modelo de negocio, a mesma finalidade que teñen Facebook e Instagram: captación masiva de datos para a súa suposta explotación comercial. Pero sabemos que poden ir máis aló e vendelos ou mesmo utilizalos internamente para fins que nin sequera imaxinamos”, expón o avogado coruñés, salientando conflitos como o de Cambridge Analytica, que incluíu procesos de propaganda política e terminou con Mark Zuckerberg testificando ante o Congreso dos Estados Unidos.
Desde Pintos & Salgado aluden de maneira directa aos precedentes nos que Meta vulnerou o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) da Unión Europea. O caso máis soado: a multa de 1.200 millóns de euros a Facebook por violar a política de protección de datos de Europa, “as maiores sancións que puxo a UE”, segundo a perspectiva de Víctor Salgado.
A interconexión con Instagram, outro factor de risco
Salgado tamén fai fincapé no inicio de Threads e a súa vinculación coa súa plataforma irmá, Instagram. Isto permite que os usuarios poidan trasladar toda a súa información e compartir contido facilmente dunha rede social a outra, pero tamén entraña perigos. “A integración é total, pero iso reduce a liberdade do usuario. Nin sequera hai unha política de privacidade específica para Threads; compártea con Instagram”, salientan desde o bufete. Precisamente nesa política de privacidade común detállase que, baixo consentimento previo, Meta pode utilizar información sensible como a orientación sexual, crenzas relixiosas, ideoloxías políticas ou orixe racial para mellorar os seus servizos. E aí está o eixo da súa política extractiva, a que Salgado expón como principal motivo para “manternos vixiantes” como usuarios, pero sobre todo a nivel institucional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?