Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha no Campus de Ourense o grupo de investigación Aerolab
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha no Campus de Ourense o grupo de investigación Aerolab

S. P.
Publicado: 08/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ourense_aerolab1.jpgBaixo o nome de Aerolab (Aerospace & Transportation Systems Laboratory) constituíuse en datas recentes un novo grupo de investigación no Campus de Ourense (Universidade de Vigo). Aerolab púxose en marca coa finalidade de “converterse nun referente no ámbito da enxeñaría do transporte, con especial énfase nos sistemas aéreos”, explicou o seu investigador principal, Higinio González. As principais liñas de traballo de Aerolab serán a mobilidade (destacando o aéreo) e a xestión de infraestruturas de transporte, aplicando tecnoloxías como sistemas aéreos non tripulados, sistemas de navegación satélite, satélites de observación terrestre, sistema de información xeográfica, visión por computador, LiDAR, algoritmos de control e optimización e xeoinformación e Intelixencia Artificial.
Segundo explicaron os seus responsables, Aerolab é un grupo multidisciplinar formado por persoal investigador de diferentes eidos de coñecemento (como a física, a enxeñaría aeroespacial, a informática e enxeñaría de sistemas) pertencentes ao Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais da Universidade de Vigo. Está formado por oito membros, estando ademais de Higinio González, Fernando Veiga, Eduardo Balvís, Gonzalo Durán, Enrique Aldao, Gabriel Fontenla, Eduardo Ríos e Raquel Ortega. Estes membros participan en cinco proxectos de investigación financiados con máis de 800.000 euros pola Axencia Estatal de Investigación e o programa europeo Horizon Europe. Entre estes proxectos están os de Modelo de inspección e información ferroviaria (RIIM); o de Dixitalización do espazo aéreo e mariño para o despregue de sistemas aéreos non tripulados aplicados ao mantemento de parques eólicos offshore e o titulado Sustainability and resilience for infrastructure and logistics networks.
Para o desenvolvemento do seu traballo, explica Higinio González, profesor da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo, o grupo dispón de instalacións no Campus de Ourense, nas que se poden facer, por exemplo, ensaios de sistemas de inspección ferroviaria ou ensaios con aeronaves non tripuladas, e de servidores de cálculo e almacenamento masivo de datos. Sobre a posta en marcha deste novo grupo o seu responsable sinala que “buscamos a excelencia na investigación, sen perder a conexión coa contorna socioeconómica da nosa rexión e a necesidade de trasladar os nosos resultados á industria”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?