Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Narón celebrou en Nadal un programa de Informática Divertida para dúas ducias de rapaces
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Narón celebrou en Nadal un programa de Informática Divertida para dúas ducias de rapaces

S. P.
Publicado: 08/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aula-cemit-naron-620x320.jpgA alcaldesa da Narón, Marián Ferreiro, e o edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, desprazáronse o pasado venres 5 de xaneiro á Aula CeMIT de Xuvia con motivo do remate das sesión do programa Informática Divertida, INDI Nadal. Ferreiro recordou que se trata dunha convocatoria que ofertaba 24 prazas para a Aula CeMIT, en quendas de mañá e tarde, e dez para cada local social das parroquias naronesas.
“Este programa está pensado para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral e, ao mesmo tempo, para que as nenas e nenos de entre 8 e 12 anos poidan divertirse dun xeito tamén formativo, coas novas tecnoloxías”, destacou. Un total de doce menores participaron nas sesións impartidas na dita aula, se ben na zona rural completáronse os grupos do Val (con tres rapaces de Sedes) e de Castro.
Dende o pasado 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, período no que se desenvolveu o programa, as nenas e nenos aprenderon a programar con Minecraft e Star Wars e Frozen e tamén deseñaron tarxetas de Nadal, cómics dixitais e realizaron tarefas de mecanografía e Realidade Virtual.
“É un programa que se iniciou hai varios anos e que convocamos no Nadal e na Semana Santa, coincidindo cos períodos das vacacións escolares e cunha finalidade lúdica e, ao mesmo tempo, didáctica”, recalcou a alcaldesa.
Ferreiro e Romero interesáronse ante os participantes da Aula CeMIT polo resultado desta convocatoria, co fin de coñecer a súa impresión sobre o mesmo. Así mesmo, dende o Concello valorouse o feito de ofrecer “esta oportunidade para que os menores desfruten dunha proposta de balde nestas datas de Nadal”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?