Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ames celebrará o 26 de xaneiro a III Xornada de Innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ames celebrará o 26 de xaneiro a III Xornada de Innovación

S. P.
Publicado: 09/01/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cartaz_premios_innovames.jpgO vindeiro 26 de xaneiro celebrarase no Pavillón Polideportivo do Milladoiro a III Xornada de Innovación do Concello. Con este evento, segundo explican dende o Consistorio, “búscase achegar a todos os públicos as últimas tendencias no mundo da innovación da man das empresas do termo municipal, xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxías que den lugar a proxectos innovadores”.
Durante a xornada haberá charlas e mesas de debate sobre a tecnoloxía, a innovación, o audiovisual e a utilización de novos materiais dirixidas ao sector profesional pero tamén aos centros escolares de Ames.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “Ames é referente no mundo da innovación. Dende fai anos estamos realizando unha aposta decidida e este é un dos piares do noso concello. Unha innovación que se dá no mundo empresarial pero tamén no educativo, que acolle o futuro destas grandes empresas que temos no concello”. Deste xeito, a concelleira anima a todas as empresas e centros escolares a participar nesta segunda edición dos premios “para que os veciños e veciñas de Ames coñezan todo o talento que hai no noso concello”.
Candidatura aos II Premios InnovAmes
Dende o pasado día 5 de xaneiro e ata o vindeiro día 15 deste mesmo mes está aberto o prazo de presentación de candidaturas para os premios InnovAmes, tanto na categoría de Proxectos Educativos como na de Empresas Innovadoras. O obxectivo desta convocatoria é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación locais, dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames. Entre ambos premios repartirase un total de 10.000 euros (4.500 euros entre as distintas categorías a empresas innovadoras, e 5.500 euros entre as categorías a proxectos educativos).
II Premios InnovAmes Empresas Innovadoras
A finalidade desta convocatoria é recoñecer, apoiar e dar visibilidade ás persoas emprendedoras e ás empresas máis innovadoras e con maior potencial de crecemento en Ames; proxectos con carácter e innovador e de gran impacto social, tanto de recente creación como xa consolidadas.
As empresas que desexen participar non poderán ter máis de sete anos de antigüidade e deberán ter o seu domicilio fiscal e social en Ames. Ademais, non poden ter sido gañadores na anterior edición dos premios InnovAmes. Os aspirantes teñen que presentar unha idea de negocio cun alto compoñente de innovación e creatividade no produto ou servizo que ofertan. Haberá tres categorías (empresa máis innovadora, empresa con maior impacto social e empresa de nova creación con alto potencial de crecemento), cada unha delas dotada cun premio de 1.500 euros. Os gañadores coñeceranse o 26 de xaneiro no evento InnovAmes.
II Premios Innovames Proxectos educativos
O programa Innovames pretende incluír a comunidade educativa para favorecer a cultura do emprendemento e a innovación no futuro da nosa sociedade. Deste xeito, a través deste premio trátase de ofertar á comunidade educativa local un alicerce para implementar formación, emprendemento e innovación. Neste caso recoñecerase a orixinalidade, a funcionalidade, material empregado e o valor educativo, entre outros, dos proxectos.
Os centros que desexen participar deben deseñar un proxecto audiovisual, artístico, tecnolóxico ou maker, realizado dentro do ámbito educativo, con temática libre innovadora. Este proxecto ten que estar recollido nun documento PDF dun máximo de 6 páxinas no que se especifique o nome do centro, o autor/autores do proxecto, unha explicación do mesmo, material de apoio (vídeos, fotos, etc.) e tecnoloxías empregadas (se procede). Os proxectos serán presentados e defendidos por, cando menos, dous membros do equipo de traballo o 26 de xaneiro no evento Innovames.
Haberá seis premios: un primeiro premio de 2.000€, un segundo premio de 1.500€, un terceiro premio de 1.000€, un cuarto premio de 350€, e un quinto e un sexto premio de 325€ cada un.
Poden participar todos os centros educativos públicos de educación primaria e secundaria do Concello de Ames.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?