Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo especial de Proxector recompila vídeos sobre a influencia dos hábitos alimentarios na saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo especial de Proxector recompila vídeos sobre a influencia dos hábitos alimentarios na saúde

S. P.
Publicado: 09/01/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

habitos_alimentarios_saude_ccg_proxector_xaneiro.jpgDieta e saúde alimentaria é o título da nova entrega do portal galego Proxector, iniciativa que desenvolve o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa USC. Nesta ocasión, escólmanse unha ducia de vídeos nos que especialistas de diferentes disciplinas, como a nutrición, a tecnoloxía dos alimentos ou a bioloxía, explican que produtos son beneficiosos para o ser humano. Ademais, desmenten algúns mitos e alertan das consecuencias que o abuso no consumo de certos alimentos ten para a dieta. Proxecto é un espazo web habilitado coa finalidade de aproximarnos á divulgación e ao coñecemento investigador, ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos.
A nova entrega de Proxector abre co vídeo Saúde e bos hábitos, no que o divulgador David Ballesteros incide na importancia de coidar a alimentación e realizar regularmente exercicio. A continuación, o audiovisual Nutrición e cancro de Antía Pérez Vázquez explica a conexión que existe entre o estado nutricional das persoas e o risco de padecer algúns tipos de cancro, ao tempo que indica como se poden mellorar os niveis nutricionais a través dunha dieta saudable.
Tamén se inclúe un vídeo TED de Jen Gunter sobre a saúde dos ósos e unha pílula sobre como coidar o noso intestino da doutora Shilpa Ravella. A entrega inclúe tamén dúas pezas audiovisuais sobre a calidade dos produtos galegos: Gastro(E)Ciencia. Análise científica do produto galego, na que se reflexiona sobre a variedade de alimentos propios de Galicia, e Pan Galego con garantías, na que se achega o xeito tradicional de elaborar este produto, que conta dende 2018 co selo Indicación Xeográfica Protexida.
En Comer peixe na súa xusta medida explícase que, malia ser o peixe un alimento esencial na dieta, existen crenzas que xeran a desconfianza dos consumidores e consumidoras. Vén da man de Ángeles Romero, catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos na USC. Pola súa banda, en Mesturas alimentarias, indixestas só na nosa cabeza alúdese a que non hai combinacións de alimentos que, dende o punto de vista sanitario, poidan ocasionar un perigo para a saúde.
A nova entrega afonda tamén nos perigos que ten eliminar certos alimentos da dieta. Sandra Román, técnica superior en Dietética, fala no vídeo A cultura anti-dieta arredor da necesidade de manter unha relación saudable coa alimentación. Mentres, en Xaxún intermitente: unha dieta con beneficios e riscos aínda incertos, a profesora e investigadora en Nutrición da USC Rosaura Leis aborda os riscos que esta práctica pode ocasionar na saúde.
Completan o novo especial de Proxector un recurso audiovisual sobre o xeito en que se transmiten as enfermidades alimentarias e as medidas que se deben adoptar para evitalas, e outra peza sobre o consumo de azucre e os máis de 56 nomes diferentes cos que este glícido se agocha nas etiquetas dos produtos.
Un portal referente na divulgación científica
Proxector é un espazo web dedicado a compilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais de apoio á docencia en lingua galega no ensino medio, bacharelato e ensino universitario. Na actualidade, conta con preto de 1.500 materiais publicados dunha trintena de áreas temáticas diferentes.
A iniciativa orixinal foi deseñada polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e botou a andar no ano 2015 no portal educativo Didactalia. En 2018 o CCG, a través do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG), sumouse á iniciativa e comezou a participar de xeito activo tanto na súa coordinación como na edición de contidos. Cumprindo coas competencias que lle son propias no eido da preservación e difusión do idioma galego, o CCG acordou asumir tamén a custodia dos datos recompilados ao longo destes anos e que, a partir de agora, estarán ao dispor da cidadanía no sitio web institucional.
Os vídeos están clasificados segundo a súa temática, o idioma no que foron gravados ou subtitulados e o nivel de ensino no que se considera que poden ser empregados. A maiores, ofrécese unha ficha descritiva coa información básica de cada recurso. Pódese acceder aos contidos a través da busca libre ou dos diferentes despregables, que permiten filtrar os resultados segundo os criterios de clasificación antes citados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?