Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago achéganos o día 16 unha xornada sobre facturación electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago achéganos o día 16 unha xornada sobre facturación electrónica

S. P.
Publicado: 10/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camara_santiago_facturacion_electronica.jpgA Cámara de Santiago ofrece a vindeira semana unha nova cita formativa de transformación tecnolóxica para as empresas da contorna compostelá. Trátase da xornada Facturación electrónica: Estado da situación da factura electrónica en España e Europa | Lei Crea e Crece. Axuda Kit Dixital. Desenvolverase o día 16 de xaneiro, en horario de 10.00 a 11.00 horas e en formato en liña. Comezará cunha presentación do programa Oficina Acelera Peme, iniciativa estatal na que participa activamente a Cámara de Santiago.
A continuación, abordarase a cuestión da factura electrónica (legalidade da facturación electrónica en España, breve camiño pola historia da lexislación, SII, FaCe e FaCeB2B, Lei Crea e Crece, estado da situación en Europa, polaridade entre estados membro, solución Peppol e, por último, emisión e recepción electrónica de factura: vantaxes para as compañías). A continuación afondarase na solución de factura electrónica do Kit Dixital para rematar cunha quenda de preguntas e o peche da sesión.
Trátase, en palabras da Cámara de Santiago, dunha xornada tecnolóxica online gratuíta para pemes, autónomos e emprendedores, que ten como obxectivo “axudar ás compañías para entender as implicacións da Lei Crea e Crece, concretamente, a obrigatoriedade da facturación electrónica para todas as empresas e autónomos nas súas relacións con outras empresas”.
Segundo adianta a entidade cameral compostelá, “nun breve prazo de tempo, todas as compañías deberán implementar a facturación electrónica nos seus procesos diarios, tanto a súa emisión como a súa recepción”. Grazas ás axudas do Kit Dixital, dispoñibles para a dixitalización da facturación electrónica, “poderán adiantarse ao cambio”.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Daniel Cerqueiro, CMO na firma galega Docuten. Licenciado e doutor en Ciencias Físicas, leva desde 2004 dedicado ás TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). A súa principal ocupación actual é ser o CMO de Docuten, ademais de ser un dos promotores de Startup Galicia, e realizar actividades formativas relacionadas coa transformación dixital e o emprendemento.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera Peme para o Kit Dixital da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
Kit Dixital é un Programa do Gobierno de España, xestionado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial. O Programa Kit Dixital está dotado cun orzamento de 3.067 millóns de euros, financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia con fondos europeos Next Generation EU. O seu obxectivo é dixitalizar a pequenas empresas, microempresas e autónomos de todos os sectores en todo o territorio nacional.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?