Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo organiza coa CEL un foro para incentivar a innovación empresarial na provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo organiza coa CEL un foro para incentivar a innovación empresarial na provincia

S. P.
Publicado: 12/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

120124_presentacion_foro_impulsar_desenvolvemento_empresarial.jpgO presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López Vázquez, presentaron este venres no Pazo de San Marcos o Foro para Impulsar o Desenvolvemento Empresarial da Provincia de Lugo. Unha iniciativa, organizada de forma conxunta entre ambas entidades, que Tomé Roca enmarcou na “colaboración que mantemos para favorecer a actividade económica e a creación de emprego na nosa provincia”.
O encontro celebrarase o vindeiro xoves, 18 de xaneiro, a partir das 10:00 horas, no Centro do Viño de Monforte de Lemos. Nel, relatou Tomé, “contaremos con relatores de referencia para abordar o que xa se está facendo e os retos de futuro en tres ámbitos: infraestruturas, en canto á creación de polos industriais no rural, e no relativo a proxectos empresariais e o seu impacto demográfico”.
O presidente lembrou que “na Deputación de Lugo témolo claro, levamos moito tempo traballando nesta liña de apoio aos sectores produtivos, nomeadamente, o primario, no que somos unha auténtica potencia, e o do turismo, de calidade e sustentable, que ten unha gran capacidade para xerar riqueza no rural”. Respecto do concello de Monforte, no que é alcalde, recordou que o seu Goberno conseguiu asentar proxectos industriais de primeiro nivel como o de Kern Pharma e o Centro de Ciberseguridade de Renfe, ademais de facer unha aposta “moi importante” polo polígono industrial. “De feito, logo de anos totalmente estancado, hoxe non hai parcelas e xa estamos traballando para amplialo a máis do dobre da súa extensión para atender a demanda”, expuxo.
Jaime López sinalou que “Monforte é o nó loxístico de Galicia” e nese sentido apuntou “a vontade dos empresarios de colaborar co Concello monfortino na súa labor de converter esta cidade nun polo de desenvolvemento industrial”. Falou da necesidade de impulsar infraestruturas “da rede básica” como o Porto Seco, da que lamentou o seu estado de “abandono” por parte de quen capitaliza ese proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?