Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A serie Os Argonautas e a moeda de ouro estrea a súa versión galega na CRTVG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A serie Os Argonautas e a moeda de ouro estrea a súa versión galega na CRTVG

S. P.
Publicado: 12/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

os_argonautas_e_a_moeda_de_ouro.jpgO Auditorio Abanca de Santiago deu acollida á preestrea da versión en galego da serie infantil Os Argonautas e a moeda de ouro, coprodución da compañía coruñesa Portocabo e RTVE e que poderá verse a partir do 17 de xaneiro na nova plataforma dixital da CRTVG. Na preestrea participaron o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o director da axencia galega ADADIC, Jacobo Sutil. A serie, rodada en Laxe e A Coruña, inclúe 20 episodios e foi subvencionada pola Xunta de Galicia con 350.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes do Hub Audiovisual galego.
Á cita tamén asistiron o produtor executivo, Alfonso Blanco; a súa directora, Lucía Estévez, e o director de contidos de CRTVG, Fernando Ojea. Estiveron acompañados por unha ampla representación do elenco, do que forman parte Eva Fernández, Federico Pérez Rey e os intérpretes noveis Aliyah Fidalgo, Sarela Montes, Brais Sixto, Claudia Pujaldes, Juan Rodríguez, Lúa Varela ou Xoel Río.
O titular de Cultura do Goberno galego subliñou na súa intervención a oportunidade de “poder gozar da serie na nosa lingua na nova plataforma de TVG” e “poder apreciar o talento de todo o reparto e do equipo técnico de Portocabo”, circunstancia á que se referiu como “un novo fito a cargo dunha produtora que continúa facendo historia do audiovisual en Galicia”.
Diante do grupo de case que 200 nenas e nenos convidados ao evento, aos que animou a sumarse ás aventuras vividas polos xoves protagonistas, destacou que Os Argonautas e a moeda de ouro tratase temas “indispensables hoxe en día, como o traballo en equipo e a tolerancia, ademais de poñer o foco nun aspecto fundamental para a cultura como é a preservación do patrimonio”.
Román Rodríguez destinou, así mesmo, unhas palabras a agradecer e felicitar o traballo concreto de Portocabo, Premio da Cultura Galega 2023, e de todo o sector audiovisual galego en xeral “polo momento de esplendor que atravesa hoxe”.
Neste pase especial proxectáronse os tres primeiros episodios de Os Argonautas, que puideron ser seguidos tamén con subtítulos accesibles para persoas xordas, en sintonía cos valores de inclusión e diversidade que promove a serie.
Ademais da súa chegada á CRTVG, a canle estatal Clan retoma a emisión da serie a partir deste sábado 12 de xaneiro coa programación dos seus 10 últimos capítulos os sábados e domingos ás 20,00 horas. A primeira quenda da serie puido verse xa nesta mesma canle de RTVE desde xuño de 2023 e tamén está dispoñible na súa plataforma en liña.
Dirixida por Lucía Estévez e Toño López, Os Argonautas e a moeda de ouro presenta unha historia integradora que segue as aventuras estivais dun grupo de amigos con realidades moi diversas. A cooperación entre todos será a clave do seu éxito á hora de enfrontar os moitos perigos, misterios e dificultades que se lles presentarán durante o verán e grazas aos que estreitarán a súa amizade e medrarán como persoas.
A coprodución entre Portocabo e RTVE conta co apoio da Televisión de Galicia e do Hub Audiovisual da Xunta, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), así como coa colaboración dos Concellos de Laxe e A Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?