Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrancan as primeiras accións formativas de SmartPeme (Deputación de Pontevedra) neste 2024
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrancan as primeiras accións formativas de SmartPeme (Deputación de Pontevedra) neste 2024

S. P.
Publicado: 15/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smartpeme_900x600-3.jpgA Deputación de Pontevedra informou de que esta semana arrincan as primeiras accións formativas de 2024 do seu programa SmartPEME para o asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas. A actividade do programa comeza con catro novos cursos. Os obradoiros desenvolveranse de xeito telemático e abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, mercadotecnia de audio, a creación dun blog turístico e mercadotecnia de crecemento.
A primeira das xornadas comeza este luns 15 de xaneiro, ás 10:00 horas, con Ciberseguridade, o que non se Ve da Navegación na Internet, impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire, quen dará a coñecer os riscos aos que se expón a cidadanía cando navega por Internet.
O martes 16, de 17:00 a 18:00 horas, celebrarase o obradoiro Audio Marketing: Crea e Diferénciate da Competencia cos Podcast, impartido por Laura Carrera, asesora de mercadotecnia dixital e comunicación. O obradoiro está orientado ao proceso de elaboración dun podcast e abordará aspectos coma os beneficios de empregalo e a preparación dos seus contidos.
Pola súa banda, o mércores 17, ás 10:00 horas, dará comezo o obradoiro Como Crear o teu Blog Turístico, impartido pola profesional en turismo Patricia Cabaleiro. A través desta acción formativa proporcionaranse as claves para crear un blog turístico desde cero, impulsar o negocio e achegarse a clientela potencial.
Finalmente, o xoves 18, de 12:00 a 13:00 horas, desenvolverase o obradoiro Growth Marketing: Estratexias para un Crecemento Sostible do teu Negocio, dirixido polo asesor en comunicación dixital e mercadotecnia en liña Adrián Fernández. No obradoiro, as e os asistentes aprenderán a empregar técnicas e estratexias do marketing dixital orientadas a acadar un crecemento sostido no tempo dunha empresa ou dun proxecto, sempre con base no estudo de datos e na metodoloxía de ensaio e erro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?