Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Política Lingüística achega 385.000 euros a proxectos innovadores a prol do galego en centros educativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Política Lingüística achega 385.000 euros a proxectos innovadores a prol do galego en centros educativos

S. P.
Publicado: 15/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_moza-3.jpgA Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, mobiliza este ano académico 385.000 euros en axudas para proxectos innovadores de fomento do uso da lingua galega en centros de ensino regrado non universitario. As convocatorias foron publicadas no DOG este luns 15 de xaneiro. Na admisión de proxectos teranse en conta variables como o grao de implicación activa da comunidade educativa ou o nivel de uso das novas tecnoloxías.
A Consellería convoca cada ano esta liña de axudas co fin de “contribuír a financiar as actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega e o profesorado dos centros da nosa comunidade”. Con estas accións, o Goberno autonómico busca “reforzar a dimensión comunicativa do galego en contextos vivos” e “facilitar ao alumnado unha oferta escolar que o axude a percibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz”.
Os centros interesados deberán presentar as solicitudes entre o 16 de xaneiro e o 15 de febreiro a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. A solicitude deberá ir acompañada dunha copia do proxecto e un cadro resumo das actividades previstas e, no caso das subvencións para centros privados, da documentación fidedigna acreditativa da representación. O financiamento máximo que poderá recibir cada centro será de 1.000 euros no caso dos públicos cunha matrícula superior a 35 estudantes e dos privados cunha matrícula superior a 50.
Os proxectos que resulten admitidos cualificaranse tendo en conta, fundamentalmente, a súa calidade, que será puntuada de 0 a 24 en función das seguintes variables: grao de implicación activa dos membros da comunidade educativa, nivel de utilización das novas tecnoloxías, grao de colaboración con outras institucións, entidades ou asociacións externas ao centro, grao de colaboración con outros centros educativos, realización de actividades plurianuais e tipoloxía de actividades organizadas ao longo do curso.
O número de estudantes do centro tamén se ponderará para os efectos de cualificación do proxecto, de maneira que se concederán 0,30 puntos por cada 50 estudantes ou fracción ata un máximo de 6 puntos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?