Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un equipo da USC crea un xemelgo dixital da Catedral de Santiago para xestionar no seu interior a circulación do aire
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un equipo da USC crea un xemelgo dixital da Catedral de Santiago para xestionar no seu interior a circulación do aire

S. P.
Publicado: 16/01/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

rolda_de_prensa_catedral_santiago_ventilacion_08.jpgUn equipo de investigadores da Facultade de Física da USC vén de desenvolver unha representación virtual da Catedral compostelá coa que xestionar a circulación de aire no seu interior e preservar, deste xeito, a súa conservación. O seu traballo ten o punto de partida no concepto de xemelgo dixital, representación virtual dun obxecto, proceso ou servizo físico co obxectivo de deseñalo, melloralo, probalo e poñelo a punto.
Segundo explican fontes da USC, trátase de recompilar datos para predicir como pode ser o seu comportamento futuro, neste caso concreto o futuro da catedral compostelá. O equipo integrado polo catedrático da USC e investigador do Instituto de Materiais da USC (iMATUS), Jorge Mira, e polos tamén investigadores da USC Alberto Otero Cacho e Alberto Pérez Muñuzurri, pertencentes ao Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), desenvolveu este modelo matemático complexo utilizando técnicas de fotogrametría.
Estas ferramentas, sinalan os investigadores, permitirán entender os fluxos de aire e a condensación de humidade no interior do templo, co obxectivo de mellorar a súa protección e preservar o seu valor patrimonial. Agárdase que os resultados poidan beneficiar tamén a outros edificios históricos no futuro. Este proxecto que contou tamén coa colaboración do grupo de Luis Hernández Ibáñez do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil da UDC non só representa un fito na preservación do patrimonio cultural de Galicia e España, senón que tamén demostra a capacidade da ciencia e a tecnoloxía para protexer e comprender mellor o legado histórico e arquitectónico.
Os resultados do estudo foron presentados este venres 12 de xaneiro nun acto que se desenvolveu no Museo das Peregrinacións e no que participaron Jorge Mira e Alberto Otero, xunto a Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral de Santiago, e Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. “Este foi un traballo difícil”, explicou Jorge Mira, quen fixo fincapé en que “esta investigación constitúe un estudo pioneiro en España ao ser unha das primeiras recreacións virtuais para ver como se xestiona o fluxo do aire nunha construción desta magnitude”. Tamén lembrou que a catedral está orientada cara ao oeste, case en liña recta coa ría de Noia, “polo que enfronta o vento directamente co Pórtico da Gloria”.
catedral_santiago_xemelgo_dixital.jpg Daniel Lorenzo sinalou que “a realización deste proxecto foi posible grazas á gran cantidade de datos e modelos recollidos e proxectados con anterioridade desde a Fundación Catedral de Santiago, que, durante as última obras de restauración, monitorizou todo o conxunto catedralicio”. Tamén destacou a importancia desta nova ferramenta “que vai permitir prever movementos de aires e graos de humidade en determinados supostos, e adecualos aos traballos de conservación preventiva que se levan a cabo na Catedral”.
Nesta mesma liña, Román Rodríguez manifestou “o compromiso da Xunta para traballar pola conservación deste ben patrimonial a nivel mundial, partindo da premisa de coñecer para previr”. Salientou a implicación da Universidade e de todos os equipos vinculados á iniciativa. No acto tamén participou María del Carmen Martínez Insua, directora xeral do Patrimonio Cultural.
Alberto Otero foi o encargado de explicar os detalles do proxecto, destacando a creación dun xemelgo dixital que defina estratexias de ventilación e que analice a influencia das posibles modificacións que se poidan levar a cabo no interior da catedral, froito do seu funcionamento ordinario. Trátase, en definitiva, de crear un modelo preditivo, que sexa robusto e que permita realizar simulacións de maneira rápida, e a partir de múltiples supostos.
A iniciativa foi financiada pola Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta, en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?