Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ciberseguridade, con 349 centros, foi a gran protagonista do plan estatal de convivencia escolar en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ciberseguridade, con 349 centros, foi a gran protagonista do plan estatal de convivencia escolar en Galicia

S. P.
Publicado: 17/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

comision_pedro_blanco_seguridade_escolar_ciberseguridade.jpgEste 17 de xaneiro celebrouse a reunión da Comisión Autonómica do Plan de Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar na que se analizaron os resultados do primeiro trimestre deste curso académico. A xuntanza estivo presidida polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, quen salientou que neste primeiro trimestre 3 de cada 4 centros educativos de Galicia participaron neste programa, o que significa que 770 colexios e institutos de Galicia acolleron actividades (moitas delas centradas no ámbito dixital, concretamente na ciberseguridade e en como acadar navegacións útiles e protexidas, accións que acadaron a cifra de 349 centros), neste primeiros tres meses de curso.
Os equipos especializados de Policía Nacional e Garda Civil desenvolveron neste centros 1.206 actividades de formación e prevención. Nelas participaron máis de 37.000 membros da comunidade educativa, dos que 33.500 foron alumnos e alumnas, ademais do profesorado, equipos directivos, pais, nais e titores.
O delegado do Goberno explicou que neste primeiro trimestre lectivo a metade das charlas abordaron a ciberseguridade, especialmente a protección de nenos e nenas nas redes sociais, e o acoso escolar. “Soben tamén as peticións en actividades relacionadas coas adiccións, incluíndo substancias, xogos e tecnoloxía”, dixo, engadindo que “estas temáticas son un mapa das preocupacións da comunidade educativa de Galicia”.
O Plan de Convivencia Escolar contempla tamén a vixilancia activa dos centros escolares por parte das forzas e corpos de seguridade. Pedro Blanco informou que neste primeiro trimestre realizáronse máis de 4.000 vixilancias en escolas e institutos. Como resultado desta actividade, Policía Nacional e Garda Civil desactivaron tres puntos de venda de drogas, un na Coruña e dous, en Lugo.
Na reunión participaron tamén o director de Educación da Delegación do Goberno en Galicia, Xosé Lois García Carballido, o xeneral xefe da Garda Civil en Galicia e o xefe superior de Policía, as responsables das unidades contra a Violencia sobre a Muller do Goberno, a subdirectora xeral de Ordenación Educativa da Xunta e o secretario xeral da Delegación do Goberno, entre outros asistentes.
O delegado destacou que estas reunións tamén “son un recoñecemento aos equipos especializados da Garda Civil e á Policía Nacional nas catro provincias, así como á inspección educativa da Xunta, ao persoal da área de Inspección da Delegación do Goberno, ás subdelegacións e aos centros escolares”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?