Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña únese á Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial impulsada pola Cámara
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña únese á Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial impulsada pola Cámara

S. P.
Publicado: 17/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_coruna_camara_comercio_opti_2.jpgA Deputación da Coruña asinou este martes 16 de xaneiro un convenio de colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña como mostra do seu apoio á Oficina de Promoción Tecnolóxico-Industrial da Coruña (OPTI) e a súa área de influencia (OPTI), en funcionamento desde marzo de 2023.
Para o presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro Méndez, “contar co apoio da Deputación achegará á OPTI un impulso de gran valor para poder continuar promovendo a implantación de novos proxectos industriais na área, algúns dos cales están xa en vías de negociación e poderían ver a luz nos vindeiros meses”.
deputacion_coruna_camara_coruna_opti_1.jpgPola súa banda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, destacou a importancia deste acordo para impulsar a atracción de novas iniciativas e investimentos industriais e tecnolóxicos á comarca coruñesa “nun momento no que temos por diante un reto importante, xa que os próximos catro anos serán os últimos para a adxudicación dunhas cantidades moi importantes de fondos europeos que nos van a permitir un cambio de modelo socioeconómico en Galicia baseado nos eixos vectores que establece a Unión Europea: dixitalización, transición enerxética e economía circular”, afirmou.
A Oficina ten como principal obxectivo captar e atraer investimento tecnolóxico e industrial, sobre todo no contexto da Industria 4.0.
Desde que iniciou a súa actividade, a OPTI alcanzou acordos cos principais axentes de xestión de chan industrial, como poden ser Xestur ou SEA (Solo Empresarial do Atlántico); amais de alianzas con entidades como a Universidade da Coruña para establecer sinerxías coa Cidade das TIC, coa Autoridade Portuaria da Coruña ou co concello de Carballo. Nos vindeiros meses está previsto que se subscriban convenios de colaboración con outras entidades, públicas e privadas da área.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?