Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dúas empresas situadas en Tecnópole, elixidas entre as 100 mellores startups de 2023 pola APTE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dúas empresas situadas en Tecnópole, elixidas entre as 100 mellores startups de 2023 pola APTE

S. P.
Publicado: 19/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecnopole_glecex.jpgA Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) elaborou unha listaxe coas 100 mellores startups do ano 2023 situadas nos seus 51 parques científicos e tecnolóxicos, presentes en 15 comunidades autónomas españolas. Trátase de proxectos innovadores en ámbitos punteiros e entre elas hai dúas empresas galegas, situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Trátase da biotecnolóxica Glecex e Ingeo, especializada en enerxía xeotérmica. A listaxe de APTE está dispoñible na Rede e nela destácanse e visualízanse proxectos innovadores en ámbitos punteiros que van desde a biotecnoloxía á Intelixencia Artificial pasando por enerxías limpas, telecomunicacións, semicondutores, agrotech, etc.
Polo que respecta a Glecex desenvolve procesos biotecnolóxicos para avanzar cara a unha alimentación máis sa e cara a unha cosmética máis natural. Adícase á investigación biotecnolóxica e está especializada en servizos de I+D+i para empresas agroalimentarias, cosméticas e nutracéuticas. Desenvolve procesos biotecnolóxicos destinados a crear extractos con propiedades bioactivas tanto para alimentos como para produtos cosméticos, con capacidade de fabricación a medida. Ademais, axuda ás empresas agroalimentarias na procura de ingredientes naturais concentrados en principios activos, con propiedades que acheguen beneficios para a saúde. Ademais, desenvolven complementos alimenticios e nutracéuticos e alimentos funcionais.
A empresa participou en varios proxectos de I+D e tecnolóxicos e na aceleradora Connect-19, impulsada por Tecnópole e a Axencia Galega de Innovación para a comercialización de solucións contra o impacto do COVID-19. No marco deste programa, desenvolveron unha gama de produtos con actividade viricida a partir de ingredientes naturais.
tecnopole_ingeo.jpgPola súa banda, Ingeo é unha empresa do sector das enerxías renovables. É unha consultora de referencia no eido da enerxía xeotérmica, pioneira ademais na investigación de sistemas de captación de enerxía xeotérmica, climatización sustentable, eficiencia enerxética e enerxías verdes. Desenvolven proxectos e estudos de viabilidade económica na implantación de enerxías renovables e ofrecen asesoramento en certificacións verdes.
A firma implementou enerxía xeotérmica en edificios emblemáticos como o Museo Chillida de Guipúscoa, o Hospital Sur de Viladecans (Barcelona), a sede de Proxecto Home Galicia en Santiago de Compostela ou o Hotel Four Seasons Canalejas de Madrid, entre outros moitos, tanto a nivel nacional como internacional (Hospital de Emerxencias Pediátricas de Transilvania -Romanía- complexo residencial en Suíza…). Ao longo destes anos participaron no deseño de máis de 300 instalacións xeotérmicas, algunhas delas catalogadas entre as cinco máis grandes de Europa.
A capacidade emprendedora dos parques científicos e tecnolóxicos
O obxectivo que persegue APTE é recoñecer ás 100 startups máis destacadas dos parques científicos e tecnolóxicos españois e poñer de relevo a calidade e a capacidade emprendedora que se desenvolve nestas contornas, así como facilitar o coñecemento destas empresas a posibles entidades investidoras interesadas en proxectos de alto crecemento. A Tecnópole explica que “estas startups terán un protagonismo especial durante a próxima edición do Foro Transfiere, o maior evento europeo sobre I+D+i e transferencia de coñecemento, que conecta a todo o sistema español de innovación e impulsa a súa proxección internacional, e que terá lugar en Málaga no mes de marzo e onde as firmas poderán manter reunións con potenciais clientes e investidores”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?