Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant e AGACAL xestionan en Galicia AgriFoodTEF, un proxecto europeo para o sector agroalimentario e forestal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant e AGACAL xestionan en Galicia AgriFoodTEF, un proxecto europeo para o sector agroalimentario e forestal

S. P.
Publicado: 22/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

agro_agricultura_smartfarming.jpgO centro tecnolóxico Gradiant atópase detrás da coordinación en Galicia do proxecto europeo AgriFoodTEF (Testing and Experimentation Facilty) co apoio de AGACAL (Axencia Galega da Calidade Alimentaria). Indo ao proxecto, este xorde como unha rede de instalacións físicas e dixitais en toda Europa, achega servizos que axudan a avaliar e validar solucións de Intelixencia Artificial (IA) e robótica de empresas do sector agroalimentario e forestal, especialmente pemes, en condicións reais para maximizar o impacto da dixitalización no devandito sector.
Estas empresas poderán probar, validar ou certificar os seus produtos e servizos antes do seu lanzamento ao mercado, tanto en instalacións físicas como plataformas para probas virtuais.
En concreto, Gradiant ofrecerá servizos nos que interveña o uso de tecnoloxías de IA, análise de datos a gran escala (Big Data), Internet das Cousas (IoT), 5G e vehículos autónomos non tripulados (aéreos e terrestres) no ámbito da produción de forraxes e produción láctea. Luís Pérez Freire, director xeral de Gradiant, destaca que “o centro tecnolóxico volve converterse unha vez máis nun referente á hora de ofrecer solucións no ámbito da IA, neste caso, coordinando a prestación de soporte a empresas que queiran testar os seus produtos”.
Gradiant segue a traballar no impulso da transformación dixital no sector primario en Galicia e España. Proba diso son o traballo realizado polo centro tecnolóxico para impulsar o hub de innovación dixital galego DATAlife, que tamén forma parte do proxecto agrifoodTEF; así como o labor desenvolvido en proxecto europeos como SmartAgriHubs, SPADE e o proxecto EDIH DATALife, entre outros.
Cómpre subliñar que o eixo español está centrado en tres áreas xeográficas que concentran a maior parte das infraestruturas físicas. Institucións académicas e centros de investigación de Córdoba e Lleida conforman xunto ao Centro de Investigacións Agrarias (CIAM) en Mabegondo (pertencente a AGACAL) e Gradiant. Córdoba, a través das instalacións e recursos da Universidade de Córdoba cunha oferta de servizos orientada a cultivos herbáceos, horticultura e froiteiras, gandaría extensiva e industria alimentaria. A Coruña, a través das instalacións de CIAM e o equipamento do centro tecnolóxico Gradiant con servizos orientados á produción de forraxes e produción láctea. Gradiant asume o liderado da relación cos hubs europeos de innovación dixital (EDIHs- European Dixital Innovation Hubs), e achegará a súa experiencia no traballo con empresas para atraer demanda de servizos TEF en colaboración co hub DATAlife. Lleida, a través das instalacións e recursos da Universidade de Lleida, Agrotecnio, o Centro de Estudos Porcinos e o Parque Agrobiotech de Lleida que orientarán os seus servizos ao sector porcino, a fruticultura e os espazos de datos agroalimentarios.
Dicir que AgriFoodTEF, está en marcha cun investimento de 60 millóns de euros para os vindeiros 4 anos repartidos en nodos principais e nodos satélites despregados en nove estados membro (Alemaña, Austria, Bélxica, España, Francia, Holanda, Italia, Polonia e Suecia, en total 30 entidades participantes).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?