Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG advirte de ataques máis convincentes de phishing polo uso da IA xenerativa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG advirte de ataques máis convincentes de phishing polo uso da IA xenerativa

S. P.
Publicado: 22/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Fernando Suárez, presidente do CPEIG
Fernando Suárez, presidente do CPEIG
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se celebra o domingo, 28 de xaneiro (data proclamada pola Comisión Europea, o Consejo de Europa e as autoridades de Protección de Datos dos estados membros da Unión Europea), emitiu un comunicado no que pon de manifesto “a necesidade de que a sociedade estea informada e concienciada sobre os perigos aos que están expostos os usuarios de Internet”.
Segundo explica o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, os últimos ataques contra a privacidade no ámbito da ciberseguridade reflicten “un panorama cada vez máis complexo e sofisticado”. O presidente sinala que “os ciberdelincuentes estiveron nos últimos meses capitalizando os avances en Intelixencia Artificial (IA), particularmente en IA xenerativa, para crear ataques de phishing e suplantación de identidade máis convincentes”. Explica que esta tendencia “inclúe a creación de mensaxes de texto, vídeos e audios fraudulentos que son difíciles de distinguir dos lexítimos”. Ademais, Suárez manifesta que “foi observado un uso crecente da IA para automatizar a recompilación de datos en liña e utilizalos en ataques dirixidos, como o spear-phishing, mellorando a eficacia destes ataques ao permitir a imitación de persoas específicas”.
Segundo Suárez, “estas tendencias destacan a necesidade dunha vixilancia constante e de estratexias de ciberseguridade más robustas e adaptativas para protexer a privacidade dos datos e a integridade dos sistemas nunha contorna dixital cada vez máis interconectada e dependente de tecnoloxías avanzadas”.
Do mesmo modo, o presidente cre necesario avanzar na concienciación e capacitación de toda a poboación, xa que “non só os denominados colectivos vulnerables (nenos e maiores) son vítimas de ataques contra a privacidade, senón que tamén afecta á faixa de idade entre 30 e 55 anos, un foco cada vez maior polo seu perfil de uso habitual da tecnoloxía en ámbitos como as redes sociais e o comercio electrónico”.
Fernando Suárez sinala tamén que é preciso avanzar na visibilidade da importancia da hixiene dixital e o feito de asegurar os datos persoais e protexer a identidade dixital das persoas. “Parece que hai certa tendencia a focalizar as noticias dos ciberataques de índole económica, cando a súa orixe soe estar na filtración de datos persoais”.
Consellos
ordenador_computador_traballando_proteccion_datos.jpg O dereito á protección de datos é un dereito fundamental amparado no artigo 18.4 da Constitución Española. Así, e de maneira xenérica, o CPEIG ofrece tamén unha serie de ciberconsellos á sociedade para facer un uso seguro da tecnoloxía. Fernando Suárez, presidente do CPEIG, considera “de vital importancia” que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos. Estas recomendacións, segundo explica o colexio, pretenden axudar a todos os usuarios a crear unha primeira e esencial barreira de protección fronte a ciberameazas, con consellos xerais sobre como evitar riscos cando se empregan as tecnoloxías:
• Non interaccionar con arquivos adxuntos procedentes de correos sospeitosos.
• Manter o sistema operativo actualizado (software, antivirus…) e non descargar aplicacións estrañas.
• Non conectarse a redes públicas e, no seu lugar, empregar unha rede privada virtual (VPN).
• Axustar a privacidade dos perfís en redes sociais.
• Ser cauto á hora de conectar dispositivos extraíbles a un equipo cando proveñen de terceiros.
• Avisar dos incidentes de seguridade.
• Saber que ata os smartphones apagados poden ser rastrexados.
• Manter todos os plugins e extensións do navegador actualizados.
• Usar contrasinais complexas e únicas.
• Eliminar documentación sensible dos dispositivos mediante ferramentas de borrado seguro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?