Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña incluirá novas funcionalidades tecnolóxicas no seu servizo de Teleasistencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña incluirá novas funcionalidades tecnolóxicas no seu servizo de Teleasistencia

S. P.
Publicado: 23/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

valentin_gonzalez_deputacion_coruna_teleasistencia_1_.jpgA Deputación da Coruña vai dar un novo impulso ao seu servizo de Teleasistencia co comezo do novo ano. Así o deron a coñecer este martes 23 de xaneiro o presidente da entidade provincial, Valentín González Formoso, e a deputada responsable da área de Política Social, Mar García Vidal, durante unha visita ao Polígono de A Grela (A Coruña) a central desde onde a institución provincial presta o seu servizo de Teleasistencia Domiciliaria (TAD).
Na súa visita á Grela, Formoso destacou que “a día de hoxe, a Teleasistencia da Deputación acompaña durante as 24 horas, os 365 días do ano, a 3.846 persoas maiores en 90 concellos da provincia, ofrecendo tranquilidade para elas e as súas familias”.
Segundo engadiu, o servizo ampliou a súa cobertura á cidade de Ferrol e, ademais, “estamos despregando un novo servizo de Teleasistencia Avanzada, que xa utilizan preto de 200 persoas e que vai a ir substituíndo progresivamente o clásico colgante co botonciño vermello por un moderno reloxo que xa non está vinculado ao teléfono, o que permite maior autonomía e liberdade de movemento aos usuarios e novas funcionalidades como por exemplo a xeolocalización, que son moi útiles en caso de caída ou accidente”.
Formoso destacou que “nunha provincia caracterizada polo envellecemento da poboación, especialmente no ámbito rural, é fundamental un servizo coma este” e incidiu en que “o noso obxectivo é seguir levando a Teleasistencia da Deputación cada día a máis persoas, como os 119 ferroláns e ferrolás que xa usan este servizo, do que estamos profundamente orgullosos porque sabemos que é útil e mellora a vida das persoas”.
O presidente eloxiou tamén “o gran traballo que realizan as operadoras para acompañar aos nosos maiores que viven sós e dar tranquilidade ás súas familias, que saben que se pasa algo hai alguén pendente ao outro lado do botón vermello durante as 24 horas do día”.
Unha asistencia de balde a través dos servizos sociais dos concellos
telasistencia_2.jpg González Formoso engadiu que a Teleasistencia da Deputación é gratuíta para os usuarios, cuxo perfil tipo é o dunha muller maior de 80 anos que vive soa, aínda que tamén hai unha pequena porcentaxe correspondente a persoas con algún tipo de diversidade funcional. “Calquera persoa pode acceder demandándoo a través dos servizos sociais do seu concello”, dixo.
Carballo, con 215 persoas usuarias, Narón (213), Malpica (127), Oleiros (125), Ferrol (119), Ribeira (108) e Arzúa (99) son os municipios da provincia que contan con maior número de usuarios do servizo de Teleasistencia.
No seu balance, o presidente provincial sinalou que as teleoperadoras “realizan todos os días arredor de 510 chamadas de control desde a central co obxectivo de interesarse sobre o estado de saúde da persoa usuaria ou lembrarlles a hora da medicación”. O ano pasado, a central rexistrou un total de 186.281 chamadas.
Ademais, os usuarios e usuarias poden chamar á central durante as 24 horas no caso de emerxencias ou accidentes ou, simplemente, cando queiran falar coas operadoras.
A información de cada usuario ou usuaria queda rexistrada nun programa informático, co que se crea un expediente individualizado que permite un seguimento máis completo e eficaz.
O teléfono de información para solicitar a Teleasistencia Deputación é o 900 533 027.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?