Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant presenta en Roma a súa e-wallet para as administracións públicas europeas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant presenta en Roma a súa e-wallet para as administracións públicas europeas

S. P.
Publicado: 24/01/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gradiant_wallet_foto_impulse_web.jpgO centro tecnolóxico Gradiant asistía o pasado luns 22 de xaneiro a unha conferencia en Roma sobre xestión de identidade en servizos públicos e presentaba a súa solución e-wallet, xa dispoñible para o seu uso nas administracións públicas europeas. Deste xeito, Gradiant amosou na capital italiana a eficacia e seguridade da súa carteira dixital para a verificación de identidade na súa aplicación en institucións e entidades públicas.
Esta ferramenta foi desenvolvida no marco do proxecto europeo Impulse, coordinado por Gradiant, e que chega así ao seu fin tras tres anos desde a súa posta en marcha. Durante o evento, presentáronse os resultados de Impulse, mantivéronse debates con expertos e administracións públicas asociadas, amais de relatorios enfocados a servizos públicos potenciados pola identidade electrónica.
Esta innovación está pensada para substituír aos certificados dixitais actuais e facilitar os trámites dos cidadáns europeos coa administración nacional e internacional e constitúe unha das primeiras e-wallets en recibir o selo de conformidade a nivel europeo, EBSI polas súas siglas en inglés, que a acredita como unha das probas de identidade seguras e compatibles co seu modelo regulatorio para a identificación dixital de cidadáns.
Luís Pérez Freire, director xeneral de Gradiant, sinala que “no proxecto Impulse traballamos para estar tecnoloxicamente preparados, de modo que as empresas e os cidadáns poidan aproveitar desde o principio as enormes oportunidades que abrirá a próxima entrada en vigor do regulamento eIDAS v2, que permitirá derrubar as fronteiras europeas no uso seguro de servizos en liña, tanto con entidades privadas como coa Administración”.
A carteira baséase no concepto de identidade dixital e recolle nunha aplicación móbil os datos de maneira segura e verificable para que poidan ser presentados ante calquera institución con tan só escanear un código QR.
Engadir que Impulse está encamiñado a realizar unha análise multidimensional, centrada no usuario, do impacto transformador da utilización de Intelixencia Artificial (IA) e Blockchain nas identidades electrónicas (eID) para mellorar o acceso aos servizos públicos dixitais.
Alén da e-wallet, Gradiant contribuíu á integración dun novo mecanismo baseado en Smart Contracts para a xestión de consentimento informado do cidadán. Encargouse tamén do desenvolvemento e despregadura da aplicación móbil e a plataforma de xestión de Impulse, que se aplicou en seis centros piloto: Ertzaintza, Concello de Xixón, os municipios de Peshtera (Bulgaria) e de Reykjavik (Islandia), Asociación Italiana de Cámaras de Comercio (UCIC) e a cidade de Aarhus (Dinamarca).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?