Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O 3º InnovAmes centrarase na IA e no audiovisual, este venres no Milladoiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O 3º InnovAmes centrarase na IA e no audiovisual, este venres no Milladoiro

S. P.
Publicado: 24/01/2024
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

ames_cartaz_innovames_1.jpgO Concello de Ames organiza unha nova edición do InnovAmes, unha xornada de innovación para as empresas de Ames que se celebrará este venres 26 de xaneiro, no Pavillón Polideportivo do Milladoiro e na que estarán presentes diversas compañías que son grandes referentes da innovación, afincados no propio concello.
A finalidade deste evento é “poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a colaboración entre empresas e dando a coñecer ao público xeral o capital empresarial de Ames”.
Durante toda a xornada participará persoal de preto dunha decena de empresas amesás, rapaces e rapazas dos centros de ensino locais, persoal das empresas que empregan o espazo colaborativo A Proa e representantes das tres universidades galegas.
Neste evento haberá 21 stands, nos que estarán 10 empresas do concello: We Robots, Cinemar, Cartogalicia, Altia, Nanogap, Sistemius, Airvision, Codery, Impulsa Dixital e Conic Vascular. Tamén participará Teimas que, aínda que non disporá de stand, intervirá en relatorios e mesas de debate.
Tamén disporán do seu propio posto as tres universidades galegas: a USC, o Campus industrial de Ferrol (UDC) e Universidade de Vigo.
Amais, participará o grupo SpaceLab, da Universidade de Vigo, persoal do Instituto Galego de Física de Altas Enerxias – IGFAE e do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina – CINBIO, e persoal de CLUN – Cooperativas Lácteas Unidas.
Durante o descanso da mañá os asistentes ao evento poderán achegarse á mesa saudable para probar os iogures de CLUN Feiraco.
A maiores, haberá stands de tres centros escolares (o IES do Milladoiro, o CEIP Agro do Muíño e o CEIP de Barouta) e as empresas que empregan as instalacións do espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, tamén participarán neste evento.
Ademais, Radio Galicia – Cadena Ser emitirá o seu programa Hoy por Hoy dende o Pavillón do Milladoiro, e a produtora Ficción Producciones, que ten a súa sede en Ames, realizará unha reportaxe pola mañá para emitir no programa Hora Galega, da TVG, que se emite de 19:10 a 20:30 horas.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca que “no InnovAmes participan empresas do termo municipal que son un referente da innovación e que conviven no noso concello. Cremos necesario facer un gran evento de recoñecemento das nosas empresas”. Ademais, explicou que a programación deste ano “pretende reunir empresas para compartir novidades e proxectos nos seus sectores, e facilitar a comunicación con escolas e universidades para fomentar as inquedanzas pola innovación”.
Programa de mañá
A xornada comeza ás 10.00 horas cunha mesa inaugural e cun percorrido de presentación polos diferentes stands. Na mesa inaugural participarán Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica; Carmen Porto, concelleira de Educación e Mocidade; María Rivas López, subdelegada do Goberno na provincia da Coruña; e Blas García, alcalde de Ames.
Unha vez rematado o acto inaugural, exporán os seus proxectos as empresas e centros educativos que se presentaron aos premios InnovAmes. Tamén pola mañá se fará a entrega de premios.
De seguido, comezarán as charlas e mesas de debate que tratarán sobre Intelixencia Artificial e o seu uso en diversas áreas. Na primeira, na que se falará sobre Educación e IA, participarán Sonia Montenegro, profesora de Educación Infantil e Primaria e autora do libro Inteligencia Artificial para Docentes con Corazón; Juan Francisco Puentes, catedrático de Ciclos Formativos na Xunta de Galicia; e Sara Guerreiro, investigadora postdoutoral na Universidade da Coruña.
A segunda mesa tratará o papel da Intelixencia Artificial no sector audiovisual con Olga Osorio, directora de cinema, xornalista, profesora e fotógrafa; Iván L. Gimeno, consultor de mercadotecnia dixital en Serea Films; e Simón Casal de Miguel, guionista, director e montador.
Obradoiros para alumnado dos centros de ensino
Tamén pola mañá haberá obradoiros en dúas zonas. Impartirase o obradoiro Xincana Tecnolóxica en dúas quendas (de 10.30 a 11.30 e de 12.00 a 13.00 horas), dirixido a alumnado de Primaria; e realizarase o obradoiro Humano ou Chat GPT? Como detectar textos feitos por IA, tamén en dúas quendas (de 10.30 a 11.30 e de 12.00 a 13.00 horas), dirixido a alumnado de secundaria.
Programa de tarde
Pola tarde, ás 16:30 horas, retomarase a actividade coa presentación das empresas que participan con stand propio. A continuación, falarase de IA e realidade práctica na empresa con Rebeca Calvo, co-fundadora de Mentiness; Mar Rodríguez, directora executiva de NORNNA; Manuel Lama Penín, catedrático da USC en Ciencias da Computación e IA; e Román López Seoane, director de proxectos internacionais, IA e computación na nube de Bahia Software.
De seguido, ás 18:00 horas, haberá unha segunda mesa de debate sobre Novas tecnoloxías e sustentabilidade. Nela participarán Marta Vázquez, líder do equipo de ventas en Teimas; Iria Rodríguez, directora do departamento de I+D de Nanogap; e José Sendín, avogado de Sistemius.
O peche da xornada será ás 18:30 horas a cargo do alcalde de Ames, Blas García. Tamén haberá unha actuación musical, a cargo de María Iglesias.
Obradoiros sobre IA, mercadotecnia dixital e comercio electrónico
Pola tarde tamén haberá obradoiros, neste caso dirixidos a empresas e persoas maiores de 18 anos, sobre Intelixencia Artificial, mercadotecnia dixital e comercio electrónico. O obradoiro de IA e marketing dixital impartirase de 16.30 a 17.30 horas, mentres que o obradoiro de IA e comercio electrónico realizarase de 18.00 a 19.00 horas. Estes obradoiros son de balde. Cada obradoiro conta con 15 prazas dispoñibles, que se irán cubrindo por orde de chegada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?