Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O porto de Ferrol será pioneiro no uso de dixitalización e IA para a xeración de enerxía verde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O porto de Ferrol será pioneiro no uso de dixitalización e IA para a xeración de enerxía verde

S. P.
Publicado: 24/01/2024
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

itg_ferrol_eneports_1.jpgO porto de Ferrol porase na vangarda da transformación de contornas de transporte a nivel internacional. Farao cun proxecto que lle permitirá demostrar como a dixitalización e a Intelixencia Artificial (IA) permiten aos portos converterse en plataformas de xeración de enerxía verde a prezos competitivos e en laboratorios de innovación en enerxías renovables. Será no marco da iniciativa ENEPORTS, un consorcio europeo liderado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) que busca mostrar “o papel esencial da dixitalización na descarbonización dos portos e no consumo e xeración eficiente de enerxías de fontes sustentables”.
O proxecto ENEPORTS foi presentado na mañá deste 24 de xaneiro no porto de Ferrol. Segundo se fixo saber, impulsará a creación de tres proxectos piloto; ademais do de Ferrol, nas dársenas de Granadilla (Tenerife) e de Leixões (Porto). Así, nos tres anos de duración desta iniciativa, deseñaranse, probaranse en laboratorio e poñeranse en funcionamento tres plataformas dixitais intelixentes que permitirán xestionar novas fontes de enerxía renovables e consumo nos tres portos, o que permitirá evitar cada ano, segundo se fixo saber, a emisión á atmosfera de máis de 72.250 toneladas de CO2 (equiparable ás emisións anuais de 16.800 persoas), contribuíndo á limpeza do aire nas zonas urbanas de Ferrol, sur de Tenerife e Porto.
En concreto en Ferrol, espérase a instalación en Ferrol de enerxía eólica terrestre e fotovoltaica con capacidade de producir máis de 43 GWh/ano, enerxía necesaria para alimentar máis de 4.300 fogares galegos. Pola súa banda, en Leixões, ademais destas tecnoloxías engadirase un prototipo de enerxía de ondas, e a suma das tres xerará máis de 20 GWh anuais, equivalentes a alimentar máis de 6.100 fogares portugueses. En Granadilla aproveitarase principalmente o recurso da eólica mariña e as ondas para producir máis de 200 GWh ao ano, que poderían alimentar a máis de 21.700 fogares tinerfeños. En total, os portos de Ferrol, Granadilla e Leixões prevén a instalación de máis de 70 megawatts ata 2030.
itg_ferrol_eneports_3.jpgA iniciativa tamén promove a innovación en novas tecnoloxías renovables, ao estudar a viabilidade de utilizar en portos dispositivos que combinan nunha plataforma a xeración de enerxía fotovoltaica, hidráulica e a xerada a través da tensión dos cabos de amarre. Ademais, estuda como mellorar o control con técnicas de aprendizaxe automática. “Todo iso permitiralles aos tres portos alcanzar a neutralidade en carbono ao redor de 2035”, informouse na presentación, na que se engadiu que as autoridades portuarias de Ferrol, Tenerife e Leixões, xunto aos centros participantes da iniciativa, xa iniciaron o estudo dos requisitos administrativos e tecnolóxicos para crear estes novos ecosistemas enerxéticos nas súas áreas, así como a avaliación dos seus impactos económicos, sociais, ambientais e tecnolóxicos.
ENEPORTS conta cun orzamento de máis de 2,8 millóns de euros, financiados en parte pola convocatoria de Interreg Atlantic Area, e nel participan, ademais de ITG, a Autoridade Portuaria de Ferrol, de Tenerife, Leixões (Portugal) e Galway (Irlanda); así como a Universidade de Galway, Builders École d’Ingénieurs e o Instituto Tecnológico y de Energías Renovables de Tenerife.
O proxecto de Ferrol
O piloto ferrolán baséase no desenvolvemento dunha plataforma intelixente para a monitoraxe e xestión da enerxía. A despregadura na cidade galega apoiarase en algoritmos preditivos, xemelgos dixitais, tecnoloxías da aprendizaxe-máquina e ferramentas avanzadas de análises para controlar de xeito eficiente os fluxos enerxéticos e as regras de mercado interno de enerxía, mentres se aseguran a interoperabilidade e a ciberseguridade.
Parte da novidade do proxecto reside na creación de metodoloxías replicables para as autoridades portuarias no referente á implicación de industrias e administracións; á avaliación dos impactos económicos, ambientais, sociais e tecnolóxicos dos sistemas híbridos; e ao aumento da concienciación sobre os beneficios e a aceptación social dos portos verdes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?