Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Poio programa oito cursos TIC para febreiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Poio programa oito cursos TIC para febreiro

S. P.
Publicado: 25/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aula_cemit_poio.jpgA Aula CeMIT do Concello de Poio organiza para o mes de febreiro sete cursos novos de habilidades dixitais. Todas as actividades formativas son gratuítas, e as inscricións para participar xa están abertas a través da páxina web da Rede CeMIT, no correo cemit.poio@xunta.gal ou na propia aula de dinamización tecnolóxica.
En total, ofreceranse durante o mes de febreiro 70 horas de formación, divididas en oito cursos que engloban desde iniciación ao procesador de textos, ata edición de imaxes, manexo do móbil, folla de cálculo ou creación de páxinas web e blogues.
Ademais, calquera usuario que o desexe pode facer uso do equipamento e da conexión á Internet do centro de alfabetización dixital a través da Aula Aberta, sempre con cita previa. As asociacións e colectivos locais teñen tamén a opción de poder reservar a utilización dos ordenadores para a realización de actividades.
O curso de iniciación ao procesador de texto Libreoffice Writer impártese entre o 5 e 9 de febreiro, en horario de 16.00 a 17.30 horas, e ofreceranse as ferramentas para crear e modificar un documento de texto, darlle un formato básico, gardalo e imprimilo.
Esa mesma semana, desenvolverase tamén a actividade Edición de imaxes con GIMP, de 17.30 a 19.30 horas. Con este curso, o alumnado iniciarase no uso desta ferramenta, unha das máis empregadas e recoñecidas no eido do software libre.
Entre o luns 12 e o venres 16 impartirase o curso de procesador de textos nivel intermedio, para ampliar os coñecementos na edición de documentos, con formatos máis avanzados, táboas e outras ferramentas. Este curso desenvolverase entre as 16.00 e as 17.30 horas.
A actividade formativa Manexando o meu móbil impartirase esa mesma semana, de 17.30 a 19.30 horas, e explicarase aos participantes as posibilidades de uso das aplicacións nos teléfonos intelixentes, como por exemplo, acceso a Internet, redes sociais ou mesmo compartir imaxes con outras persoas.
Entre o luns 19 e o venres 23 están programados os cursos iniciación ás follas de cálculo e creación de páxinas web. A primeira das propostas desenvolverase entre as 16.00 e as 17.30 horas, e o alumnado aprenderá a aplicar fórmulas de cálculo sinxelas, modificar unha folla de cálculo ou crear documentos con varias follas. En canto ao curso Iniciación á creación de páxinas web, impartirase de 17.30 a 19.30 horas. Nesta actividade veranse diferentes plataformas para a creación de páxinas web sinxelas e de xeito gratuíto.
Na semana do 26 de febreiro ao venres 1 de marzo impartirase o nivel medio de folla de cálculo, no que os usuarios coñecerán máis funcións de cálculo, aplicar formatos condicionados ou inserir gráficas, entre outras ferramentas. O horario deste curso será de 16.00 a 17.30 horas.
Nos mesmos días desenvolverase Crea o teu blogue, de 17.30 a 19.30 horas. O alumnado verá como crear e manter o seu propio blogue, unha das varias formas de comunicación na Internet, elaborando, subindo e mantendo actualizado o seu contido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?