Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O grupo HealthyFit certifica a utilidade da Realidade Virtual para a avaliación motriz da mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O grupo HealthyFit certifica a utilidade da Realidade Virtual para a avaliación motriz da mocidade

S. P.
Publicado: 25/01/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

healthyfit_uvigo_pocompetenciarv2.jpgO grupo de investigación HealthyFit, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra, UVigo) traballa nun proxecto de innovación educativa centrado en coñecer se sería factible empregar un exergame, un videoxogo que implica unha compoñente física, para avaliar as habilidades motrices de estudantes de Educación Secundaria.
Co dito obxectivo, as e os responsables deste proxecto realizaron unha avaliación das habilidades de locomoción, estabilidade e manipulación de 276 estudantes de Educación Secundaria, tanto a través dunha batería de probas físicas, como dunha serie de tarefas que tiñan realizaban a través dun videoxogo, empregando unhas lentes de Realidade Virtual Oculus Quest 2.
“Os resultados amosan unha alta asociación entre os valores obtidos nos tres bloques de competencias avaliadas”, tanto coas probas físicas como coas virtuais, destaca o catedrático José María Cancela, investigador principal do grupo HealthyFit.
Completado o proxecto, as principais conclusións deste “estudo piloto” inciden en que a Realidade Virtual Inmersiva é unha “ferramenta válida e fiable” para este tipo de avaliacións, así como o “alto grao de motivación” que supón para o alumnado de Secundaria o uso deste tipo de ferramentas. Xunto a Cancela, no proxecto A competencia motriz e a súa avaliación nas Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Unha proposta innovadora de avaliación a través da Realidade Virtual inmersiva participaron os investigadores da facultade Óscar García, Helena Vila, Emerson Ramírez, Virginia Serrano, Javier Carballo, Tania Álvarez, Mario Iglesias, Adriana López e Laura Ferradás.
healthyfit_uvigo_pocompetenciarv3.jpgO grupo buscou comparar un protocolo de avaliación xa validado, o Motor Competence Assessment (MCA), coa realización de diferentes tarefas físicas nun exergame. No estudo participaron 276 estudantes de diferentes cursos da ESO de dous institutos da provincia, 152 mozos e 124 mozas, que se someteron ás dúas avaliacións. Por unha banda, realizaron as seis probas correspondentes ás tres subescalas do MCA, que miden estabilidade, locomoción e manpulación a través de exercicios como chimpos laterais, salto de lonxitude, velocidade de lanzamento dun balón ou estabilidade en plataformas móbiles. Por outra banda, “buscamos un exergame que recollese as diferentes habilidades que se avalían nestas seis probas” e, tras avaliar cun comité de expertos que tarefas serían as adecuadas, realizouse unha avaliación co dispositivo de Realidade Virtual, na que se medían variables como “tempo de reacción e simetría manual na estabilidade” ou “forza, precisión e velocidade de lanzamento”. A posterior análise dos datos obtidos mostrou, en primeiro termo, que as e os participantes no estudo presentaban “uns valores dentro da normalidade para a súa idade” no referido ao desenvolvemento da súa competencia motriz, pero tamén un “bo grao de correlación” entre os protocolos realizados na contorna real e na virtual.
De aí que os responsables deste proxecto incidan en que este tipo de tecnoloxías poden constituír unha “alternativa” neste eido, xa que implican un aforro de tempo e non requiren contar con diferentes instrumentos de avaliación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?