Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O salón do Auditorio de Marin acollerá unha Oficina de Turismo Virtual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O salón do Auditorio de Marin acollerá unha Oficina de Turismo Virtual

S. P.
Publicado: 25/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

marin_oficina_turismo_virtual_auditorio-orzamento.jpgA construción do Auditorio de Marín segue avanzando e achegando novidades, algunhas delas tecnolóxicas. Segundo confirmou o Concello, o inmóbel, ademais da parte do escenario e das butacas, contará con varias salas multifuncionais e cun amplo salón (hall) que servirá para acoller un proxecto turístico á altura: a creación dunha Oficina Virtual de Turismo.
Esta oficina formará parte da vida arquitectónica da entrada do Auditorio e ten como obxectivo “mostrar Marín a quen nos visita coma nunca antes”, explicou a alcaldesa, María Ramallo, que destacou que este proxecto forma parte dun dos eixos do Plan de Sustentabilidade Turística. Segundo lembrou, neste intre estase a traballar na redacción dos pregos que recollan as características desta oficina virtual. Con todo, o Concello confirmou que a Realidade Virtual e a capacidade de interacción entre as persoas visitantes e o contido turístico serán “dúas liñas estratéxicas fundamentais”. Segundo explicou a rexedora, “queremos unha oficina do século XXI, que nos permita ofrecer ao turista todo o que temos dunha forma dinámica, inmersiva, axudándolle a namorarse de nós nada máis chega a Marín”.
Pantallas multitáctil, proxeccións e lentes de Realidade Virtual son algúns dos elementos que formarán parte da oficina, desde a que se potenciará Marín como “un destino turístico sustentable, verde, activo e cheo de posibilidades”.
A execución desta oficina seguirá os pasos do Auditorio, polo que non poderá estar a disposición do público antes do primeiro trimestre de 2025.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?