Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo organizará unha chea de actividades con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo organizará unha chea de actividades con motivo do Día da Muller e da Nena na Ciencia

S. P.
Publicado: 29/01/2024
11 Min de Lectura
Compartir
11 Min de Lectura

uvigo_dia_da_muller_e_da_nena_na_ciencia.jpgA Universidade de Vigo dedicará o mes de febreiro a dar visibilidade ao traballo das súas investigadoras e científicas e a fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas. Farao no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, que se celebra o 11 de febreiro en todo o mundo. A institución viguesa deseñou un amplo programa de actividades como obradoiros, feiras divulgativas, charlas e certames, que “permitirán dar a coñecer a ciencia que se está a levar a cabo dentro da UVigo e achegar referentes femininos no informou da I+D”, informou a institución viguesa.
A axenda vén da man, principalmente, das propias docentes e investigadoras, os centros de investigación, as facultades e escolas da UVigo, así como pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i), en colaboración coa FECYT, e a Unidade de Igualdade.
As actividades arrancarán xa este venres, día 2 de febreiro, cunha charla interxeracional organizada pola UCC+i co obxectivo de poñer en contacto a catro investigadoras de diferentes xeracións para compartir as súas experiencias como mulleres na ciencia. As convidadas serán Nair Varela, investigadora en evolución do cancro do CINBIO; Sara Albán, doutora en Filoloxía Inglesa; Emma Torres, decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; e Inés Celia Iglesias, catedrática de Dereito Procesual da UVigo. Moderará o debate Belén Rubio, vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación e tamén asistirán Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais e Águeda Gómez, directora da Unidade de Igualdade. O debate dará comezo ás 18.00 horas no segundo andar do edificio Redeiras e será de acceso libre ata completar a capacidade. Tamén poderá seguirse en directo a través dunha ligazón específica e contará con interpretación en lingua de signos.
Elas Fan CienTec
A actividade central no Campus de Vigo será o programa de obradoiros Elas Fan CienTec, que chega á súa oitava edición o xoves 8 de febreiro. Alumnas de catro institutos da provincia de Pontevedra visitarán varios centros de investigación e facultades do campus para coñecer o traballo que as investigadoras levan a cabo nos seus laboratorios. En concreto, as estudantes do IES Castelao visitarán o Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina, CINBIO, onde poderán escoller entre sete obradoiros, que inclúen dende preparación de nanopartículas de outro e a comprobación das súas propiedades ópticas, a exploración dos conceptos de quiralidade e biomimetismo, o estudo das enfermidades raras, a síntese de nailon, a busca de neurocircuítos, ou a visualización de células inmunitarias.
A EE Industrial acollerá ás mozas do IES Alexandre Bóveda, para realizar obradoiros de termografía infravermella ou de deseño e prototipado, e as alumnas do IES de Mos terán como destino a EE de Minas e Enerxía, para aprender a recoñecer minerais ou participar na xincana Science Games: Catching Fire e no concurso grupal The Wall. Pola súa banda, as alumnas do IES de Valadares repartiranse entre a EE de Telecomunicación, onde realizarán dende unha sesión de detectives de imaxes ata un taller de programación dun xogo con Scratch e outro de programación web, e o Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico á Investigación (CACTI), onde participarán en obradoiros que abranguen dende a separación e identificación de microplásticos na area da praia ata xogos para achegar as nenas ao mundo da microscopía.
Este programa, organizado por docentes e investigadoras da Universidade, conta co apoio da Unidade de Cultura Científica e da Innovación e a Unidade de Igualdade.
eXXperimenta en Feminino
Outra das actividades centrais do 11F na UVigo é a feira divulgativa eXXperimenta en Feminino. VII Xornada de Divulgación en Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas. A cita, aberta a alumnado de toda a provincia de Ourense e ao público xeral, celebrarase o día 16 de febreiro entre as 10.00 e as 18.00 horas no edificio Politécnico do campus ourensán e nos seus arredores, onde as persoas que se acheguen atoparán 14 postos nos que poderán realizar experimentos e coñecer as titulacións STEM que se imparten no campus.
VIII Concurso escolar de creación artística
Tamén no campus de Ourense, a Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática impulsan unha nova edición do Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Esta iniciativa está aberta a alumnado de terceiro a sexto de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria de centros educativos ourensáns, que presentaron os seus traballos sobre a muller na ciencia e na enxeñaría antes do 22 de xaneiro. A finalidade da proposta, que conta co apoio da Unidade de Igualdade, é a promoción do coñecemento por parte do alumnado do papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría e dar visibilidade ás súas achegas á sociedade.
Charlas en centros educativos de toda Galicia
A programación do 11F inclúe tamén unha serie de charlas e relatorios que preto de 60 investigadoras da Universidade de Vigo impartirán ao longo da primeira quincena do mes de febreiro en centros educativos de toda Galicia. En total, levaranse a cabo máis de medio cento de charlas e obradoiros presenciais sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía. Estas enmárcanse na Iniciativa 11 de febreiro, que se organiza no ámbito nacional con motivo desta efeméride, e contan co apoio da Unidade de Cultura Científica e da Innovación na súa xestión.
Cámara aberta de CINTECX ás mulleres STEM
O Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, CINTECX, tamén se une a esta efeméride e convida a investigadoras e estudantes do ámbito STEM a contar a súa experiencia nunha Cámara Aberta, un espazo no que poderán relatar as súas vivencias, tanto da súa etapa escolar como da carreira científica-tecnolóxica. Estas experiencias serán difundidas en formato vídeo co obxectivo de que poidan contribuír a fomentar as vocacións científicas femininas entre as estudantes de secundaria e bacharelato. O evento levarase a cabo do 14 ao 16 de febreiro de 9.00 a 15.00 horas no propio centro.
Conectando en igualdade: a transformación do futuro tecnolóxico
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación, atlanTTic, tamén se suma á celebración co ciclo Conectando en igualdade, que se centrará na Intelixencia Artificial e contará coa participación de varias mulleres expertas neste eido que abordarán cuestións relacionadas coa igualdade. Esta actividade, que conta co apoio da Unidade de Igualdade, terá lugar o xoves 22 de febreiro de 11.00 a 13.30 horas na sala 1 do edificio Miralles e tamén se poderá seguir en directo a través de UVigo-TV. Para consultar máis información sobre a xornada e realizar a túa inscrición visita a páxina web atlanttic.uvigo.es.
Entrega dos premios GirlGeekPower e Marie Tharp
Coincidindo coa celebración do 11F nas próximas semanas entregaranse os premios GirlGeekPower, impulsados pola Cátedra Feminismo 4.0 Depo-UVigo e os premios Marie Tharp do CIM. Os primeiros recoñecen alumnas destacadas do ámbito das STEM na Universidade de Vigo como unha forma de incentivar, apoiar e fomentar este tipo de estudos entre as mozas e comprende un primeiro premio e un accésit por cada unha das dúas categorías (Ciencias e Ciencias da Saúde, Enxeñaría e Arquitectura). A data de entrega está por confirmar.
No que atinxe aos Premios Marie Tharp, creados polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM), están dirixidos a mulleres investigadoras predoutorais e postdoutorais do centro que quixesen contar o seu traballo nunha peza audiovisual dun minuto de duración. As gañadoras desta segunda edición daranse a coñecer tamén en próximas datas.
Mulleres Nobel en Economía
Para conmemorar esta celebración, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, ten previsto a colocación dun roller para poñer en valor ás mulleres que obtiveron o premio Nobel en Economía. Dos 93 investigadores que recibiron este galardón, soamente tres son mulleres: a estadounidense Elinor Ostrom (2009), a francesa Esther Duflo (2019) e a estadounidense Claudia Goldin (2023). A colocación realizarase o venres 9 de febreiro na entrada do edificio e estará durante varias semanas no centro.
Charla para mulleres do proxecto Non hai fronteiras
A programación complétase coa charla que Verónica Salgueiriño, líder do grupo de Nanomateriais Híbridos do CINBIO, ofrecerá ás mulleres do proxecto Non hai fronteiras, promovido polo Plan Comunitario do barrio de Teis de Vigo o 5 de febreiro ás 17.00 h. No relatorio falaralles do seu traballo como investigadora no ámbito dos nanomateriais magnéticos para aplicacións biorrelacionadas e previamente as participantes tamén terán a oportunidade de coñecer a súa historia a través do libro ilustrado Quero ser investigadora 3 da UCC+i da UVigo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?