Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Mesa denuncia que a Axencia Tributaria deturpa topónimos galegos nas súas comunicacións en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Mesa denuncia que a Axencia Tributaria deturpa topónimos galegos nas súas comunicacións en liña

S. P.
Publicado: 30/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

a_lina_do_galego_a_mesa.jpgA Mesa, a través da aplicación A Liña do Galego, vén de pór o foco nun novo caso de deturpación de topónimos na Rede, desta volta perpetrado pola Axencia Tributaria de Galicia. Segundo informou A Mesa, o organismo “pretende impor nomes incorrectos e castelanizados nos correos electrónicos das oficinas liquidadoras”. Deturpacións que xa deberan estar máis que superadas como Viana del Bollo, Noya ou Ginzo.
A plataforma polo galego xa pediu á Consellaría de Facenda, á Secretaria Xeral de Política Lingüística e á Valedora do Pobo que rectifiquen esta acción e “repoñan a legalidade inmediatamente”. Segundo informou A Mesa, este novo caso de deturpación en liña foille comunicado á asociación polo funcionariado das oficinas liquidadoras das diferentes oficinas.
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, denuncia que esta acción da Consellaría de Facenda pretende “saltarse directamente” a Lei de Normalización Lingüística, que no seu artigo 10.1 establece que “os topónimos terán como única forma oficial a galega”, no 10.3 que “estas denominacións son as legais a todos os efectos e o rotulado terá que concordar con elas”. “Faino ademais”, lamenta Maceira, “en enderezos electrónicos que terán que ser empregados pola cidadanía como únicos válidos e en trámites obrigatorios”.
O presidente da entidade de defensa da lingua considera que “é a reacción do funcionariado o que, afortunadamente, está a ralentizar o proceso de deturpación da nosa toponimia por parte de quen debera defendela” e recorda que A Mesa pola Normalización Lingüística conta cun servizo gratuíto para tramitar queixas diante da vulneración dos dereitos lingüísticos, así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Trátase da devandita ferramenta A Liña do Galego, dispoñible tanto na web como a través dunha app de descarga gratuíta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?