Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo colaborará co CIFP As Mercedes para operar drons especializados en rescate e asistencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo colaborará co CIFP As Mercedes para operar drons especializados en rescate e asistencia

S. P.
Publicado: 30/01/2024
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_lugo_240124_asmercedes_xgl.jpgA alcaldía de Lugo ultima unha colaboración co centro de Formación Profesional As Mercedes que permitirá ao servizo municipal de Protección Civil operar drons desenvolvidos por este centro educativo nunha contorna operativa real. O acordo, en palabras do Concello, “abre un novo abano de posibilidades a nivel municipal aplicables a ámbitos moi diversos: desde a procura de persoas ata a execución de fotogrametría 3D en contornas naturais e patrimoniais para previr situacións potencialmente perigosas”.
A un nivel máis concreto e tecnolóxico, esta colaboración inclúe a preparación dun vehículo municipal como centro de operacións para comandar UAS de distintos tipos, dispositivos robóticos e aqueles sistemas anti-dron implementados por As Mercedes dentro dos seus ciclos formativos.
“O obxectivo deste traballo conxunto, que canalizará a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é converter ao Concello de Lugo nun referente de operatividade con este tipo de sistemas aproveitando o material punteiro co que conta este centro de FP referente en robótica a nivel galego”, sinalou a alcaldesa Paula Alvarellos, engadindo que “tamén pretendemos lograr a mellora da formación e capacitación profesional do seu alumnado á hora de realizar funcións no mando e control de diversos sistemas non tripulados, tanto aéreos como terrestres”.
A rexedora lembrou que o Concello xa conta na actualidade con dous drons, un aéreo e outro subacuático, adscritos a tarefas de vixilancia, rescate e control de tráfico ou eventos. Indicou tamén que a incorporación deste tipo de ferramentas tecnolóxicas ao funcionamento dos nosos servizos cidadáns, como Protección Civil ou a Policía Local, “está a ter un impacto moi positivo en termos de seguridade na nosa cidade, e así o constatamos con experiencias previas, como o control das Festas de San Froilán 2023 ou o rescate do pasado mes de agosto, cando o dron subacuático de Protección Civil permitiunos localizar e recuperar un cadáver no leito do Miño nun tempo récord, aforrando así un elevado custo tanto en recursos humanos como económicos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?