Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadoras do CITIC abordan a relevancia da muller na IA no MUNCYT de A Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadoras do CITIC abordan a relevancia da muller na IA no MUNCYT de A Coruña

S. P.
Publicado: 08/02/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citic_dia_muller_nena_ciencia_muncyt_directo11f_2024-1.jpgDende Código Cero xa adiantamos que o MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) da Coruña acolle hoxe, xoves 8 de febreiro, a sesión divulgativa Directo 11F. Conecta con Enxeñeiras Informáticas. Intelixencia Artificial, organizada pola Facultade de Informática da UDC (FIC) e o dito MUNCYT co obxectivo de visibilizar ás mulleres científicas, achegar roles femininos no eido da ciencia e fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as máis novas.
Así, nesta mañá investigadoras do CITIC están a participar neste encontro que se celebra co gallo de conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que será o 11 de febreiro. A acción divulgativa, centrada este ano no papel relevante das mulleres na Intelixencia Artificial (IA), está protagonizada por catro recoñecidas enxeñeiras informáticas e expertas en IA: Bertha Guijarro Berdiñas, Susana Ladra González, Verónica Bolón Canedo e Adriana Dapena Janeiro, que están a analizar dende os desafíos das novas tecnoloxías ata a IA verde.
Este evento está dirixido a alumnado de Educación Secundaria e Formación Profesional e daba comezo hoxe ás 10:30 e remata ás 13:30 horas.
Bertha Guijarro Berdiñas, profesora Titular da UDC e investigadora do CITIC, era a encargada de impartir a primeira das charlas: Comprender a IA, na que falou sobre como e cando nace a Intelixencia Artificial, como se adestra, en que se asemella á Intelixencia Natural, entre outros aspectos.
A segunda intervención, que daba comezo ás 11:15h, terá ao ChatGPT como protagonista e ten a Susana Ladra como relatora. Ladra é enxeñeira e doutora en Informática, graduada en Matemáticas e profesora Titular da Facultade de Informática da UDC.
Ás 12h será quenda de Verónica Bolón Canedo, quen falará sobre Intelixencia Artificial Verde, afondará no concepto de IA verde, explicando como se poden crear algoritmos que sexan máis sostibles e respectuosos co medio ambiente. Bolón é enxeñeira en Informática e doutora pola UDC, onde exerce como profesora Titular e investigadora en Intelixencia Artificial no CITIC.
Por último, ás 12:45 horas, Adriana Dapena falará sobre IA para interfaces persoa-máquina. Saber se a IA pode cambiar o xeito en que as persoas interactúan coas máquinas. Dapena é enxeñeira en Informática e doutora pola Universidade da Coruña.
A finalidade da sesión divulgativa deste xoves coas catro recoñecidas expertas en IA da UDC é visibilizar as mulleres científicas, proporcionar roles femininos no ámbito da ciencia e fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as máis novas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?