Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña financia con 211.000 euros a dinamización dos coworkings da Rede Provincial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña financia con 211.000 euros a dinamización dos coworkings da Rede Provincial

S. P.
Publicado: 16/02/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

valentin_gonzalez_deputacion_da_coruna_rede_coworking.jpgA Deputación da Coruña anunciou que vai financiar con 211.000 euros, este ano 2024, a dinamización dos coworkings da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, composta por once centros de emprendemento e emprego innovador diseminados noutros tantos concellos da provincia. As achegas están destinadas a que os centros de traballo integrantes da Rede conten con asistencias técnicas especializadas na xestión deste tipo de centros, contribuír á súa dinamización sufragando os custes de funcionamento ou a adquisición de bens destinados á actividade, así como de servizos de profesionais independentes para desenvolver actividades formativas e eventos.
“A Rede Provincial de Coworking é unha das apostas da Deputación para impulsar o emprego e o emprendemento e dar novas oportunidades de futuro ao rural. Os centros teñen un marcado carácter comarcal e a súa finalidade é axudar a desenvolver sectores produtivos e profesionais específicos en cada zona”, afirmou o presidente Valentín González Formoso, que engadiu que as axudas tramítanse en réxime de concorrencia non competitiva: só son destinatarias das subvencións as entidades sen ánimo de lucro e concellos que xa conten con centros de coworking adheridos á Rede provincial.
Un total de nove espazos de traballo colaborativo dos once cos que conta a Deputación na provincia recibirán subvencións por un total de 211.051,56 euros. As axudas solicitadas oscilan entre os 11.200 euros e os 29.750 euros.
A Rede Provincial de Coworking
A Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo, impulsada desde o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación, está formada actualmente por 11 centros xestionados por concellos e entidades sen ánimo de lucro que dispoñen de instalacións para o seu uso como espazo de traballo, ben sexan viveiros de empresas, centros de negocios ou espazos de coworking. Ofrecen módulos de traballo a novas empresas e persoas emprendedoras, prestan servizos comúns para cubrir as súas necesidades básicas e permiten deste xeito a posta en marcha e a consolidación de negocios durante os primeiros anos da súa vida.
En palabras da Deputación, “os centros teñen un marcado carácter comarcal e a súa finalidade é axudar a desenvolver sectores produtivos e profesionais específicos en cada comarca”. O obxectivo é “acompañar e asesorar as emprendedoras e emprendedores na posta en marcha dos seus proxectos, prestarlles servizos e facilitar que compartan experiencias, creando sinerxías e transferencias de coñecemento que impulsen o desenvolvemento das súas ideas de negocio e o nacemento de novos proxectos”.
Os espazos que forman actualmente a Rede son o Pazo de Arenaza en Oleiros, Transformando en Brión, o coworking da Capela, o espazo A Proa en Ames, o Green Coworking das Pontes, o LAB Barbanza de Boiro, o Coworking A Pobra, o Centro de Emprendemento A Estación de Vedra, o centro comarcal de desenvolvemento rural A Fusquenlla de Moeche, o Coworking Dixital Compostela e a Casa do Pescador de Miño. Podemos atopar máis información sobre todos eles na páxina web da Rede.
Subvencións
Concello da Pobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal, A
Coworking A Pobra
19.481,00 €
Concello da Capela
Capela, A
Coworking A Capela
24.791,69 €
Concello de Brión
Brión
Transformando en Brión
29.750,00 €
Asociación de Empresarios Seara
Pontes de García Rodríguez, As
Green Coworking
11.200,00 €
Concello De Vedra
Vedra
Centro de Emprendemento A Estación
29.750,00 €
Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela
Coworking Dixital Ccompostela
29.750,00 €
Concello de Boiro
Boiro
LAB Barbanza
12.620,30 €
Concello de Ames
Ames
Espazo A Proa
23.958,57 €
Concello de Moeche
Moeche
Centro de desenvolvemento comarcal A Fusquenlla
29.750,00 €
TOTAL
211.051,56 €

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?