Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destaca a súa nova liña de apoio ao emprendemento de base tecnolóxica en Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destaca a súa nova liña de apoio ao emprendemento de base tecnolóxica en Compostela

Redacción
Publicado: 12/04/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20240412_sx_emprego_eije_1.jpgO secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe na sesión de clausura da 10ª edición do Encontro Internacional de Mozos Emprendedores EIJE 2024, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia. Fernández tomou parte na entrega de galardóns desta cita, dirixidos a recoñecer ideas de negocio e proxectos empresariais de alumnos e exalumnos de graos e mestrado.
O representante da Xunta lembrou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de abrir a convocatoria dunha nova edición de axudas ao inicio de actividade de empresas de base tecnolóxica e a xeración de emprego cualificado vencellado con elas. A Administración galega destina este ano medio millón de euros a esta convocatoria que ten o prazo de inscrición aberto ata o 30 de setembro.
A iniciativa busca impulsar o espírito emprendedor entre persoas investigadoras e tituladas universitarias para favorecer que o resultado dos seus traballos desemboquen na creación de iniciativas empresariais e dinamizar, así, o emprego científico e tecnolóxico.
Esta medida artella apoios económicos para facilitar o lanzamento das iniciativas en catro eidos: para a creación directa de emprego estable (achegas de ata 24.000 euros), inicio e posta en marcha da actividade (ata 30.000), conciliación da vida persoal, laboral e familiar (ata 3.000 euros) e apoio á función xerencial (máximo 10.000 euros).
O secretario xeral puxo en valor, por outra banda, a colaboración da Xunta coas universidades públicas para acercar a mocidade ás empresas e viceversa, para facer que o emprendemento sexa unha opción atractiva para os que inician a súa vida laboral.
Tal e como lembrou, o Goberno galego destinará este ano 410.000 euros a promover actividades de impulso ao emprendemento entre a comunidade universitaria. Estes apoios permitirán organizar feiras de emprendemento e apoio ao emprego nos sete campus e crearán os premios ao emprendemento, con 20 galardóns aos mellores traballos Fin de Mestrado e Doutorado e Fin de Grao das tres universidades.
Fernández quixo destacar tamén o traballo conxunto entre Galicia e Portugal, cuxas universidades colaboran na organización do Encontro EIJE, para dispor de un mercado laboral aberto, accesible e sen fronteiras, a través do espazo Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal.
O secretario xeral rematou recalcando que a mocidade galega ten unha reserva de talento inesgotable que se ten que poñer tamén ao servizo do emprendemento e as iniciativas empresariais e comprometeu o traballo da Xunta para seguir a darlle o pulo que precisa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Mozilla denuncia que Apple segue bloqueando a chegada de navegadores independentes a iOS

24/11/2026
Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?