Tras varios escándalos no mundo das criptomoedas o principal intercambiador que quedaba en pé, Binance, non puido salvarse do escrutinio dos reguladores norteamericanos, e tras confirmarse que infrinxira a lexislación estadounidense optou por sacrificar ao seu fundador e máximo responsable tras ser acusado por violar a lexislación contra o lavado de cartos.
O multimillonario Changpeng Zhao estaba pendente da sentenza, e aínda que podía ter que pasar ata 3 anos na cadea, finalmente a súa condena é de só 4 meses de prisión, por considerar que o condenado asumira as súas responsabilidades e dificilmente podería reincidir.
Cómpre salientar que estamos ante unha condena lixeira porque nesta ocasión o empresario simplemente obviou tomar medidas para evitar que os criminais puidesen aproveitar a súa plataforma para lavar os seus cartos, o que é claramente ilegal, pero está moi lonxe das grandes fraudes por valor de milleiros de millóns de dólares das causas xudiciais dos últimos meses (que si contaron con sentenza severas).
4 meses de cadea para o fundador de Binance
Compartir Este Artigo

