Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O centro de FP A Carballeira recoñecido polo seu traballo sobre Luísa Villalta no metaverso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O centro de FP A Carballeira recoñecido polo seu traballo sobre Luísa Villalta no metaverso

S. P.
Publicado: 07/05/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilaxe_polo_metaverso_de_luisa_villalta_web.jpgEste martes 7 de maio entregouse en Ourense o premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024 sobre a figura da escritora homenaxeada este 17 de maio, Luísa Villalta, na modalidade de Secundaria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial. A encargada de conceder o galardón foi a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e o centro destinatario foi o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, polo seu traballo Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta, unha proposta que fai un percorrido pola obra e vida da poeta coruñesa mediante a Realidade Virtual.
En concreto, o traballo gañador destaca “polo seu carácter innovador ao amosar a protagonista das Letras Galegas como un avatar que convida a percorrer a súa traxectoria persoal e profesional a través do metaverso, unha Realidade Virtual na que se dispoñen imaxes, recursos e actividades interactivas”. Fernández destacou o valor deste proxecto pois “trátase dunha excelente exposición e guía para traballar co alumnado na sociedade actual, na que as tecnoloxías da comunicación están moi presentes no eido educativo, laboral e cotián”.
A exposición vai acompañada, ademais, dunha guía didáctica que orienta o percorrido polos carteis e contribúe ao coñecemento e divulgación de Luísa Villalta e da súa época, na que “colaboraron alumnos de oito ciclos formativos diferentes, ademais dun grupo de profesores de distintas especialidades”, remarcou Judith Fernández.
O certame
O Concurso das Letras Galegas está organizado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Secretaría Xeral de Lingua co fin de divulgar a figura e o legado da homenaxeada nas Letras Galegas deste ano. O certame lévase a cabo todos os anos, conta con dúas modalidades: a correspondente a Educación Infantil e Primaria e a de Educación Secundaria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Réxime Especial.
Na modalidade de Infantil e Primaria fíxose este ano co galardón o Colexio CEIP Raquel Camacho da Coruña polo seu traballo Luísa Villalta, tatuada na pétrea pel do mar. Nel destacan a creatividade, a beleza estética, a cooperación de todo o alumnado, o carácter integrador e inclusivo e o emprego de técnicas e recurso diversos.
A as exposicións están dispoñibles en versión dixital e pódense descargar (canda outros recursos como marcadores de páxina, regras etc., e outros creados polos equipos de dinamización da lingua galega doutros centros educativos) no Portal da lingua galega, a web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?