Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha vintena de investigadores participarán na edición de Pint of Science de Vigo e Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha vintena de investigadores participarán na edición de Pint of Science de Vigo e Ourense

S. P.
Publicado: 08/05/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

pint_of_science-3.jpgO Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science regresa a Ourense e Vigo, así como tamén a 67 cidades do ámbito estatal e 500 do mundo. Será a novena vez que esta iniciativa se celebre en España, propoñendo bares, pubs e cafeterías como punto de encontro para o debate e a divulgación de científicas/os e tecnólogas/os. A cita será os días 13, 14 e 15 de maio. Nas cidades de Vigo e Ourense participarán un total de 19 investigadores e investigadoras dos campus das dúas cidades, xunco con outros expertos doutras universidades e entidades.
En Vigo haberá un total de doce charlas sobre seis temáticas diferentes, 11 das cales estarán a cargo de investigadores e investigadores pertencentes a grupos e centros de investigación da Universidade de Vigo como atlanTTic (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación), CIM (Centro de Investigación Mariña), CINBIO (Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina), Cintecx (Centro de Investigación en Tecnoloxías, Procesos Industriais), Ecobas (Economics and Business Administration for Society), e o VQCC (Vigo Quantum Communication Center). Tamén haberá unha charla dunha investigadora pertencente ao IIM-CSIC (Instituto de Investigacións Mariñas).
pint_science_vigo.jpg Dentro das diversas temáticas, nas charlas trataranse temas de actualidade como o impacto da Intelixencia Artificial na sociedade, a importancia do enfoque circular e sustentable nas actividades que afectan á contorna ou a necesidade de cuestionarse a veracidade nas imaxes e vídeos que se comparten nas redes sociais.
As charlas son de acceso libre e gratuíto, ata completar aforo, e serán os días 13, 14 e 15 de maio a partir das 20.00 horas no bar Cañaveral, situado na Portal do Sol, 6, e no bar El Castro, na rúa Paseo de Alfonso XII, 2. Ademais de charlas, a programación de Pint of Science Vigo incluirá concursos como o Trivial científico e sorteos con regalos para o público asistente. Toda a información sobre as charlas e as actividades está dispoñible na páxina web do evento.
pint_of_science_ourense1.jpgEn Ourense están programadas sete charlas ao longo de tres días (13, 14 e 15 de maio), nas cales sete investigadores que desenvolven o seu traballo e/ou están vencellados á provincia de Ourense, tocarán unha ampla diversidade de temáticas. Estas abranguerán dende os trastornos alimentarios ata a pegada do Homo Erectus organizadas en catro temáticas: Mente marabillosa, A nosa sociedade, Tech me out! (tecnoloxía) e Planeta Terra.
Entre os grupos, institucións e centros de investigación aos que pertencen os e as poñentes, destaca a UVigo a través do GEAAT (Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio), así como a UNIR (Universidade de Logroño) e a Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, o evento contará coa colaboración do Campus Auga e a Facultade de Historia de Ourense.
As charlas serán de acceso libre e gratuíto ata completar aforo os días 13, 14, e 15 a partir das 19.00 h no bar Torgal (rúa Celso Emilio Ferreiro, 20) e no café-centro cultural El Cercano (rúa Cardenal Quevedo, 20). A programación recolle as charlas coma base para promover o intercambio e difusión cultural e científica na sociedade. Neste contexto, ademais dos relatorios haberá sorteos con regalos para o público. A información do evento pódese atopar na web de Pint of Science.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?